XXII Xornadas de Historia Local - Ramón Eiras Fernández "Así falan os focegos".

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 11 เม.ย. 2020
  • Ramón Eiras Fernández é historiador e autor de diversos traballos de investigación sobre a localidade, algúns dos cales foron publicados en diversas edicións da Pomba do Arco. Nesta palestra titulada “Así falan os focegos”, nun claro guiño do autor ao poeta Antón Noriega Varela, persoa tan vinculada ao noso concello, é un traballo no campo dos estudos lingüísticos e etnográficos. Así Eiras na súa exposición refírise as expresións que nos son características, as formas propias do léxico mariñeiro, a toponimia e aos nomes populares con que eran coñecidos as familias focegas. Neste sentido merece destaque o traballo do autor a fin de recuperar os nomes cos que eran coñecidas e aínda nalgún caso son coñecidas as diversas familias focegas e que nas últimas décadas veñen desaparecendo con grave risco para o noso patrimonio inmaterial.

ความคิดเห็น •