Sentirmos a Arte 2019 - Ugia Pedreira e Abel Pérez "A Comuna del Barruzo".

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 10 ก.ย. 2024
  • As xornadas Sentirmos a Arte de 2019 arrancaron coa presentación de "A comuna del barruzo", o último proxecto musical e artístico de Ugia Pedreira que acudirá a Foz para presentalo en compañía do seu editor Abel Pérez.
    A comuna del barruzo é un libro disco de Mialma produciones creativas e A Central Folque na que recollen diversas composicións musicadas por Ugia Pedreira e Pierrot Rougier sobre poemas de autores da comarca Eo Naviega como Hector Acebo, Quique Roxíos ou Belen Rico e que ven a ser o primeiro disco en galego de Asturias para o público infantil. As ilustracións que acompañan A comuna del barruzo son da autoría da pintora e ilustradora mariñá Mónica Justo, cunha importante obra no campo da pintura e da ilustración gráfica.
    Ugia Pedreira é unha das grandes referencias da musica galega contemporánea. Nada en Vilaronte no concello de Foz a comezos da década dos setenta, iniciouse musicalmente no grupo mariñao Solpor, dándose a coñecer para o grande público como vocalista do grupo Chouteira co que gravaría tres discos. A súa traxectoria no ámbito da musica continuara coa fundación Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, trasformado posteriormente na Central Folque ao que nacería ligados outros destacadas propostas musicais participadas pola propia Pedreira como Nordestinas ou Marful. Ao tempo deseñou innovadores proxectos curriculares de centro e aula para a música feita en Galiza, escritos pedagóxicos e filosóficos en relación co ensino para crianzas e adultos.

ความคิดเห็น •