XXII Xornadas de Historia Local - André Pena Graña "Os Bretóns no norte galego".

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 14 เม.ย. 2020
  • As XXII Xornadas de Historia Local fecháronse coa palestra de André Pena Graña. Pena Graña arqueólogo e historiador é un dos investigadores máis recoñecidos e tamén máis polémicos sobre a Idade Antiga e Alta Idade Media Galega, períodos aos que ten dedicado numerosas publicacións e sobre os que ten disertado tanto en Galiza como en Europa. O relatorio de Pena Graña xirará arredor das poboacións de orixe británica que se asentaron no norte galego entre o século V e VI, cuxa figura máis coñecida foi o Bispo Mailoc, fundando diversas comunidades e mosteiros, entre os que destacaba o “Mosteiro Maximun” que a grande maioría da historiografía galega sitúa no actual san Martiño de Mondoñedo, até o punto de que a actual basílica se construíu sobre ese templo anterior.

ความคิดเห็น •