Sentirmos a Arte 2019 - Pepe Barro "Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza".

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 21 เม.ย. 2020
  • A sesión de clausura das xornadas Sentirmos a Arte do 2019, correu a cargo de Xosé Barro coa palestra/presentación do libro "Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza".
    Xosé Barro, nado en Pontedeume en 1955, é unha das grandes referencias do deseño gráfico no espazo europeo, se ben a súa obra artística abrangueu outras disciplinas, destacándose como un dos autores pioneiros da banda deseñada en Galiza. Son centos os carteis, exposicións, portadas de libro, centros de interpretación ou imaxes corporativos producidos pola factoría de Barro, algunha delas tan vinculado á Mariña como pode ser o proxecto expositivo do centro de interpretación de San Martiño de Mondoñedo ou corenta anos atrás cartaz que serviu para convocar a marcha contra a central nuclear de Xove.
    O relatorio de Barro responde ao titulo “Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza” onde propón unha viaxe polos códigos da comunicación visual do deseño en Galiza clarificando a significación dalgunhas das imaxes corporativas da nosa realidade. Segundo o propio Pepe Barro, sempre hai máis que ver se usamos os ollos e a cabeza ao tempo, se ollamos con toda a nosa bagaxe cultural. As pezas de deseño gráfico reflicten a cultura dun país, mesmo que moitas veces non deamos lido as súas mensaxes, fáltannos as claves históricas, tantas veces negadas, ou o coñecemento da linguaxe visual, moi maltratado no ensino regrado”.

ความคิดเห็น •