Presentación do libro "O Monte Galego, caos ou aproveitamento multifuncional?”

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 8 เม.ย. 2020
  • A Asociación Cultural A Pomba do Arco organizou o Venres 9 de Xuño de 2017 a presentación do libro “O monte galego e mariñán.Caos ou aproveitamento multifuncional?” co obxectivo de promover un debate sobre a situación do sector forestal na Mariña e en Galiza.
    Dende a Asociación A Pomba do Arco somos conscientes da importancia que ten o monte para a economía da nosa da zona e do conxunto de Galiza e tamén das súa potencialidades como factor de desenvolvemento, polo que queremos divulgar no entre as nosas veciñas e veciños todas estas fortalezas ao tempo que favorecemos o debate sobre as súas diversas problemáticas.
    O acto contou coa presenza dalgúns dos autores do volume así como de persoas que pola súa actividade son bos coñecedores desta realidade.
    Entre os primeiros atopamos a Alberte Blanco Casal, coordinador do volume, autor dun dos seus capítulos e Director Xeral de Montes entre 2005 e 2009, período no que tivo que enfrontar unha das máis fortes vagas de incendios forestais e Ramón Reimunde Noreña, profesor de Lingua e Literatura, escritor e presidente de Produtores de Madeira de Galiza (PROMAGAL), entidade que agrupa a un importante número de produtores forestais na Comarca.
    Estas persoas achegarannos diversas perspectivas e estratexias para a posta en valor do monte galego e mariñán, cun obxectivo partillado de reverter a situación actual do monte, en gran medida caótica subdesenvolvida, e espello do abandono e do atraso do medio rural galego. Entendemos que esta situación non é consecuencia dunha fatalidade histórica, como sinalan os autores do volume, senón resultado dun deseño político iniciado varias décadas atrás e que ten moito a ver co rol que lle foi asignado ao noso ao País. Agardamos, pois, que este acto axude a socializar a problemática forestal en Galiza e na Mariña, a que a sociedade tome en conta a importancia do monte e tamén a favorecer o debate entre os diversos sectores que participan do complexo forestal”.

ความคิดเห็น •