Sentirmos a Arte 2018 - Soledad Penalta "De obxecto a suxeito".

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 25 ต.ค. 2024
  • A terceira das palestras de Sentirmos a Arte de 2018 correu a cargo a escultora Soledad Penalta baixo o título “Do obxecto ao suxeito”
    Soledad Penalta, nada en Noia, é unha das máis significadas escultoras galegas, cun traballo que comeza a principios da década dos setenta coas súas primeiras pezas en cerámica, porén non será até década dos noventa cando principiou a traballar con fundicións en bronce, ferro e aceiro salientando as esculturas de gran formato para exterior, algunhas das cales están expostas publicamente, como no paseo marítimo d´A Coruña ou no parque escultórico da Torre de Hercules.
    A palestra de Soledad Penalta, servirá para divulgar e explicar a súa obra, exhibida ao longo da súa cumprida traxectoria en múltiples localidades de Galiza, no conxunto do Estado e noutros espazos de Europa e América. Ao tempo os seus traballos están presentes nunha boa parte dos museos galegos, en centos de coleccións públicas e privadas así como en diversos espazos públicos das vilas e cidades do país. A escultora, que recentemente ven de ser nomeada para ingresar na Academia galega de belas artes, mereceu diversos galardóns, significando por riba da súa obra cerámica as pezas de ferro, onde atopamos a súa personalidade máis callada e definidora, nas que absorbeu modos que se inician en Gargallo e van ata Chillida.

ความคิดเห็น •