ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian o abandono e deterioro da Roda en Barreiros (Lugo).

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 6 ต.ค. 2024
  • ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian o grave abandono e deterioro do xacemento arqueolóxico da Roda en Barreiros ( Lugo).
    O xacemento arqueolóxico está abandonado e as súas estruturas gravemente deterioradas debido ao crecemento da vexetación e ao desprendemento de pedras.
    As asociacións reclaman unha acción inmediata do Ministerio de Transportes e da Consellería de Cultura, administracións responsables da súa conservación.
    O xacemento, que foi escavado durante a construción da Autovía do Cantábrico en 2006, na actualidade atópase totalmente abandonado, malia as reiteradas promesas de conservación.
    ADEGA e Mariña Patrimonio instan ás autoridades a cumprir a lexislación de protección do patrimonio e emprender accións urxentes para preservar a Roda, dada a súa importancia arqueolóxica tanto a nivel galego coma estatal.

ความคิดเห็น •