Beneficios do audiovisual en educación | EduClip
ฝัง
- เผยแพร่เมื่อ 31 ต.ค. 2024
- Nos seguintes minutos quero falarvos sobre os beneficios de usar o vídeo na educación e na formación e porque contribue á aprendizaxe. Imos aló? Hai tan só uns anos que a maioría dos nosos estudantes comezaron a ter acceso ao internet na casa a través de ordenadores e dispositivos móviles. Isto permitiu a profesores de todo o mundo comenzar a compartir as súas leccións de vídeo e titoriais a través de plataformas como o TH-cam.
Foi unha o nacemento do que actualmente se coñece como Edutubers, e se damos un paseo polas canles do profesorado, veremos que hai moitos formatos para o que chamamos vídeo educativo.
A pandemia causada pola Covid-19 fixo que moitas institucións académicas pechasen físicamente a principios do 2020. Neste contexto, o uso de vídeo na aula gañou gran importancia a través de videoconferencias, titoriais e leccións pregravadas usando webcams ou capturas de pantalla.
O positivo de compartir as túas explicacións en vídeo é que axuda a romper as barreiras físicas da aula e pódense ver desde calquer parte do mundo, optimizando deste xeito o resultado do seu impacto sobre a audiencia educativa.
Non fai falla moita habilidade técnica, nin material caro para facelo, pois hoxe desde un dispositivo móvil podemos producir vídeos de suficiente calidade empregando diferentes aplicacións ou participar en videoconferencias cunha webcam.
Un estudo recente revelou que máis do 80% dos profesores consideran que o uso de vídeos na aula mellora os resultados académicos do alumnado, mentres que o 92% dos estudantes afirma que o seu desexo de aprender e motivación aumentan.
Con isto, non queremos dicir que o vídeo sexa a única ferramenta didáctica válida, nin moito menos, pero por suposto, permite unha serie de puntos dignos de mención.
Cando producimos un vídeo educativo dun xeito reflexivo, desenvolvemos un material didáctico que facilita a transmisión de coñecemento e a simulación de contidos por quen o visualiza. Isto promove a eficácia didáctica dende o punto de vista académico e xera material que se pode reutilizar tantas veces como se queira.
A lección de vídeo permite tamén unha relación un a un entre profesor e alumno. Durante a visualización, a sensación do espectador e que lle explican directamente a él. Además, podes parar, repetir, avanzar, ir caradiante, retroceder, tantas veces como queiras, adaptándose así ás necesidades individuais e únicas de cada persoa, e tamén respectando os seus ritmos e preferencias, o cal facilita a motivación e a comprensión do estudado.
Se o vídeo é interactivo con probas e actividades polo medio ou aofinal, estimularemos ainda máis a atención e a participación, e podemos facer isto con diferentes programas e plataformas gratuitas como Edpuzzle, por exemplo.
Tamén nos permiten redeseñar os tempos que asignamos dentro da aula, xa que podemos ver unha explicación maxistral na casa, en vídeo, e ao día seguinte, na aula, facer unha actividade máis dinámica e participativa, como debates, presentacións ou resolución de dúbidas en grupo. I isto é o que coñecemos como aula invertida ou Flipped Classroom.
Ás veces, hai situacións de ausencias prolongadas ou que non permiten asistir regularmente á aula debido á hospitalizacións ou situacións extraordinarias como durante a pandemia pola COVID. Nestes casos, poder ver a cara do profesor ou titor através de un vídeo académico como facemos nos agora, ou viceversa usando a videoconferencia, humaniza a aprendizaxe e tamén sobre todo o manexo das emocións, que tamén é moi importante.
Os estudantes con necesidades específicas como xordos ou hipoacúsicos, terán un mellor acceso ao currículo empregando vídeos con subtítulos ou superpoñendo o traballo dun intérprete de signos. Así, podemos mellorar a súa aprendizaxe e traballar en prol da accesibilidade e a igualdade.
Incrementanse os aspectos positivos se solicitamos aos nosos alunos que fagan os seus propios clips ou curtas para documentar procesos, contar unha historia, crear unha trama, entrevistas, informativos…
Cada vídeo feito dese xeito, pode considerarse un traballo por proxectos e isto hai que realizarlo en grupo, polo que hai que decidir o tema que se vai a tratar, practicar a dicción e a entoación da exposición, decidir plans de como se divide o traballo, gravar e editar o vídeo respectando as opinións do grupo.
E finalmente, non devemos esquecer que ter a oportunidade de verse e escoitarse a un mesmo é algo moi enriquecedor para a autoaprendizaxe.
Se xa te animas a comezar, uns consellos exprés que che dou cando fagas os teus tutoriais ou videoleccións é que fagas vídeoleccións curtas, dirixaos a túa mirada á cámara e non vaias máis alá dos 3-5 minutos.
Se pode xe mellor facer 3 vídeos de 5 minutos que un de 15, xa que isto mellora a asimilación da información e facilita a súa busca posterior cando se divide e se fragmenta en videoclips máis curtos.
Agora, mans á obra, é o teu turno.