Poder e política na Galiza vilega de Xosé Ramón Veiga Alonso

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 25 ต.ค. 2024
  • A Asociación Cultural A Pomba do Arco organizou o venres 26 de Xaneiro de 2018 na Libraría Bahía de Foz a presentación do libro “A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega”, do autor do volume, Xosé Ramón veiga Alonso.
    “A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega” é unha investigación histórica sobre as décadas finais da antiga provincia de Mondoñedo, concretamente entre 1780 e 1833, reparando nos feitos históricos de máis relevo, como poden ser a guerra do francés, o trienio liberal ou os anos finais do goberno de Fernando VII.
    O volume achega nova e descoñecida información sobre as localidades da comarca nese período. O seu autor, o investigador focego Xosé Ramón Veiga Alonso, profesor da USC, é un dos mais destacados investigadores do século XIX en Galiza, cuestión ao que lle ten dedicado diversos traballos.

ความคิดเห็น •