Luar Na Lubre - Romeiro Ao Lonxe (Con Diana Navarro)

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 8 ก.พ. 2025
  • Letra: Xúlio Cuba
    Música: Tradicional inglesa
    Arranxos: Luar na Lubre
    No cabo do mundo, como o dito popular proclama, a San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo. Os peregrinos comparten o camiño con animais, que son as almas dos que non puideron cumprir en vida a peregrinación, polo que non poden recibir maltrato ningún. Os romeiros adoitaban levar unha longa camisa branca con reberetes formando ondas e nalgúns puntos do camiño depositaban pedras que ían facendo medrar milladoiros. Arredor da ermida os veciños aínda seguen a facer os "sanandreses", fermosa artesanía de miga de pan endurecida no forno e coloreada, con imaxes do santo na súa barca de pedra. No adro medra a herba de namorar, á que lle atribúen propiedades casamenteiras. Na canción peregrina o corvo mariño, o mascato e o lagarto das silvas -vistoso exemplar con cabeza de intensa cor azul-, neste espacio que desperta as ansias de amor e paz e a irmandade entre vivos, morota, animais, plantas e augas.
    Romeiro hei de ir lonxe ao San Andrés
    con herbiñas de namorar,
    dareille a quen alén mar está
    o aloumiño do meu amor.
    Hei de vestir a camisa de liño
    que ela teceo para min
    con herbiñas de namorar;
    anda o lagarto azul e souril
    a acaroar mapoulas bermellas,
    nacidas de fusís,
    co aloumiño do meu amor,
    alleo á guerra e ao seu tambor.
    Morto ou vivo hei volver á terra
    que ela andou canda min
    con herbiñas de namorar;
    chouta o mascato polo cantil
    a vela-lo adro familiar,
    ala lonxe, na fin,
    co aloumiño do meu amor.
    Cabo do mundo, ó pé dun aguillón
    doeme a guerra ruín
    entre herbiñas de namorar;
    corvo mariño voa xentil
    o amilladoiro a levantar
    e pan santo a colorir
    co aloumiño do meu amor.
    Romeiro hei de ir lonxe ao San Andrés
    con herbiñas de namorar,
    dareille a quen alén mar está
    o aloumiño do meu amor.

ความคิดเห็น • 1.1K