Sentirmos a Arte 2017 - Olga Osorio "O noso audiovisual".

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 25 ต.ค. 2024
  • A cuarta e última das palestras, das xornadas Sentirmos a Arte de 2017, contou coa fotógrafa e cineasta Olga Osorio Iglesias.
    Olga Osorio Iglesias, aínda que natural de Lugo está vinculada persoal e familiarmente á Mariña, e moi particularmente a San Acisclo do Valadouro de onde procede a súa familia materna. Licenciada en Ciencias da Comunicación e Doutora en Humanidades, destacou como fotógrafa, onde recibiu premios como o “Cidade de Lugo” ou do “CEF” de Vigo, centrándose posteriormente na súa labor como directora cinematográfica. Dirixiu, produciu ou foi guionista de curtas como “Garden’s Road”, “reStart”, “Buscando a Superfama” ou “Einstein Rosen”, que lle valeron premios nacionais como o “Mestre Mateo” á mellor dirección ou internacionais como do “Festival de Sitges”, de Montreal ou de Miami.
    A directora Olga Osorio, cun palestra titulada “O noso audiovisual”, achegaranos a súa visión sobre a actividade cinematográfica en Galiza e de xeito moi particular sobre a súa obra, presentando a súa última curtametraxe Einstein-Rosen, que recibiu o premio á mellor curta dos “Mestre Mateo” deste ano e foi tamén galardoada en festivas internacionais como o Boston SciFi Filme Festival ou no CineGlobe, o festival de cinema e ciencia do CERN en Suiza. A curtametraxe, rodada no Barrio das Flores da Coruña ambiéntase no ano 1982 e conta a historia de dous irmáns, o máis pequeno dos cale atopa un buraco de verme. Após do visionado desta obra e da palestra abrirase unha quenda de debate co público.

ความคิดเห็น •