máximo mínimo

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 2 ม.ค. 2025
  • COREO PIANO trata sobre a poética da xestualidade implícita na relación entre intérprete e instrumento musical, neste caso a do compositor e productor Nacho Muñoz co piano.
    No seu recente traballo discográfico Aliquot Paradise, o músico afonda sobre a idea do piano coma un corpo habitable, un territorio onde a vibración e a resonancia convidan a relacionarse coa música e o son dun xeito corporal e afectivo.
    Alén dos corpos fragmentados propios na pedagoxía tradicional do piano, Coreo Piano parte da xestualidade para crear a música e vibrar coas resonancias máis íntimas do instrumento, aproximándose ao son dende a danza e incorporando o movemento á música.
    A coreografía desa xestualidade, da man da creadora Paula Quintas, propón un sentido á esas relacións múltiples entre o corpo do intérprete, as súas mans, o teclado (key/chave) e o interior do piano- corpo.
    Un debuxar o son co xesto, narrar a música dende a danza, un habitar o piano e
    crear ó mesmo tempo a música e a danza. A danza creando a música.
    Nacho Muñoz _ piano
    Paula Quintas _ coreografía

ความคิดเห็น •