Anguria

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 19 ก.ย. 2024
  • 8ª Chanfaina Lab (19). Estrea: venres 3 de maio do 2024
    Guión e dirección: Cruz Piñón .
    Sinopse: “Nun plano secuencia, Cruz Piñón enfróntase cos seu medos nunha casa onde o tempo se detivo hai anos”.
    Duración: 3'56"
    Gravado en Piñeiros (Ferreira) dentro do programa da 8ª Chanfainalab
    Cruz Piñón (Ferreira 1953),
    Cruz Piñón labrega de Piñeiros (Ferreira) é unha das nosas veteranas e imprescindíbeis participantes en numerosos proxectos de "Fálame de San Sadurniño". Xunto con outras catro amigas labregas crearon o proxecto multipremiado "Teño unha horta en San Sadurniño" (máis de 70 vídeos). Sen dúbida algunha, Cruz é xa unha referencia do concello de San Sadurniño a través de obras que a adoptaron como protagonista como "Cruz Piñón" de Xisela Franco ou "Espantos e desencantos" de Ariadna Silva. Porén, xunto coas súas compañeiras xa como cineastas sorprenderon nas anteriores Chanfainalabs coas pezas "Historia do cisne, o atún e a troita", "Boniatos no país do sol poniente", "Electra", "Decides que o matrimonio" e "Cando eu era nova".
    Nesta edición Cruz atreveuse a facer unha obra en solitario aínda que tamén tivo tempo para participar na peza colectiva de "A última fonte" ou axudar coma sempre nas creacións doutros compañeiros como "O pano de seda" de Kevin Lorenzo ou "A illa de Helios" de Tono Mejuto. A idea agromou nun curso sobre a xénese das ideas e no que se explicaba a función dun plano secuencia, o mais preto do rexistro do tempo real e do punto de vista do protagonista. A Cruz quedoulle na cabeza que era o xeito perfecto para rexistrar unha historia de sentimentos ou emocións: "Cando me puxen a facer o exercicio do plano secuencia, ocorréuseme enfrontarme a un medo que tiña dende cativa, o terror dunha casa na que nunca volvera a entrar e que provocábame verdadeiro pánico. Nesa casa vivín un auténtico inferno e por iso decidín enfrontarme dunha vez por todas aos meus medos detrás da cámara. Mentres facía aquel plano lembrei con nitidez todo o que alí sufrín. De feito, tiña tanto medo mentres gravaba a peza que tremelábanme as pernas e nótase perfectamente a anguria da miña voz. Durante uns minutos foi como si sentira as mesmas emocións que me atraparon de cativa. Mais teño que recoñecer que me sentín moi aliviada cando rematei. Foi como si vencera algo que levaba anos aí dentro".
    "Anguria" é un plano secuencia terapéutico que serviu a súa autora, sobre todo, para liberarse dun pasado doloroso e terrorífico. Mais tamén é capaz de trasladar a súa emoción ao público espectador que partilla o terror vivido. "Quedei moi satisfeita cando rematei a gravación, aínda que sentira a mesma anguria de tantos anos. Quería sacalo do peito e abofé que o conseguín. Fiquei curada, aliviada e lixeira ao fin, despois de tanto tempo.” Esta é a lección de vida que nos achega a valentía exploratoria de Cruz Piñón: enfrontarse directamente aos medos para superalos. É unha marabilla que o faga a través dunha cámara de vídeo na que se fusionan cinema e vida persoal. Ese recendo de alivio e liberdade que sentiu a nosa cineasta é a proba de que coa autenticidade chégase sempre ao corazón do espectador.
    📬chanfainalab@gmail.com
    / chanfainalab
    / chanfainalab
    / chanfainalab
  • ภาพยนตร์และแอนิเมชัน

ความคิดเห็น •