Xangal, detective paranormal

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 19 ก.ย. 2024
  • 8ª Chanfaina Lab (17). Estrea: venres 26 de abril do 2024
    Dirección e montaxe: Xoán Rodríguez Caridad
    Guión: María Magdalena Rodríguez Caridad e Xoán Rodríguez Caridad
    Fotografía: Iago Lourido, Bieito Beceiro, Joam Cortizas e Xoán Rodríguez Caridad
    Maquillaxe: Aroa Calvo
    Reparto: Soraya Yáñez, Ana Breixo Gundín, Aroa Calvo, Antonio Comba, Joam Cortizas, Xoán Rodríguez Caridad
    Música: Xoán Rodríguez Caridad e David Fesliyan
    Sinopse: "Un detective privado aparece en San Sadurniño seguindo un caso pero impacto dramático non é un detective calquera, é Xangal Detective Paranormal e o caso que seguía era unha pista falsa pero impacto dramático ofrécenlle seguir outro caso que pode ser *Normal*, mais a súa economía está moi mal, polo que non vai negarse a aceptalo. Resolverá o caso do asasinato? -fundido a negro dramático-"
    Duración: 7:38’’
    Gravado en Bar DZINE, Cemiterio de San Sadurniño, Casa rural Outeiro , Librería Brétema dentro do programa da 8ª Chanfainalab
    Xoán Rodríguez Caridad (Cedeira, 1998)
    Curioso polo mundo que o rodea. Decidiu estudar arquitectura e disposto a axudar aos compañeiros abriu súa propia canle de TH-cam para facer o que non facían os profes da uni (explicar a materia). Coas novas habilidades de edición de vídeo ben aprendidas, podía facer o que quixera e sempre quixo como cantar parodias ou un programa de cociña. Tamén dirixir películas ou ser monologuista. E recentemente e como sempre quixo ser ilustrador e músico asociouse cun amigo gótico para crear a canle Contos de Santalla que foi nominado ao mellor vídeo en TH-camir@s e finalista nos premios Xuventude Crea.
    Xoán achegouse a San Sadurniño con sobrada experiencia creativa na rede e deseguida conectou con outros cineastas aos que axudou nas súas pezas coma "Velos na Tebra" de Iago Lourido. A Xoán rondáballe polo maxín construír unha historia co seu persoaxe "Xangal, detective paranormal": "Non sabería dicir de onde saíu o nome de Xangal. Por sorte, a miña irmá axudoume co esquema do guión mentres almorzabamos, penso que os mellores procesos creativos prodúcense nunha cafetería. Despois de refinar o guión só ficaba gravalo. Como non coñecía ben as rutinas do Chanfainalab non solicitei con antelación actores, así que tiven que improvisar con outros mozos chanfaineiros, o que fixo mais divertida a produción. Das actuacións é de dicir que a máis se resinte é a miña, dirixir e actuar fíxoseme difícil e por iso estou un pouco teso e mirando a cámara. Tamén debín gravar máis tomas para a montaxe, dar máis aire ao guión e acentuar algún diálogos neses espazos. Ademais faltaron os tiktoks promocionando o negocio de detective, pero non atopei referencias que me gustaran. Respecto á música, na miña cabeza pensaba nun riff de guitarra de rock pero iso está moi usado e non casa co noso momento actual. Na miña escola de arquitectura ensínannos que debemos captar o espírito do momento na nosa obra. E o momento actual pedía Phonk. Así que a partir do sampleo dun KassKass , o cal xa tiña ese roio detective, xurdiu o tema. Gustaríame ter contactado con músicos de Sansa pero non sabería como explicarlles que era o que quería e seguramente retrasaría a produción, así que decidinme por facela eu mesmo".
    "Xangal, detective paranormal" é unha parodia do cinema negro con toques propios dun creador de contido que se manexa moi ben nos xéneros propios da rede. O propio Xoán non sabe onde encadralo máis aló do clásico Philip Marlowe: "Supoño que thriller rural galego quédalle ben, pero noto o termo un pouco grillado, falta o toque de humor que ten a peza. Sería máis ben unha de detectives disparatados como Rogger Rabbit. Polo que percibín na proxección funcionou ben, alegreime moito de que a xente se divertira. Aínda que penso que, ao mellor, a montaxe poderíase ter feito doutra maneira para que transmitira máis a intención pero faltáronme gravar planos recurso cos que xogar. Aínda así quedou moito mellor do que me imaxinaba, inclusive saíron cousas da manga como os banners que foron improvisados e o uso de cor diferenciando as escenas. Ao final puiden crear unha estética determinada. Agora só queda tentalo mover para que o vexa o máximo número de persoas e pensar nas seguintes partes." Prepárense logo para botar unhas risas co eficacísimo e aloucado detective que aterrou por Sansa durante a Chanfainalab. Diso precisamente se trata, de pasar un moi bo rato da man deste novísimo e resolutivo cineasta cedeirés.
    📬chanfainalab@gmail.com
    / chanfainalab
    / chanfainalab
    / chanfainalab

ความคิดเห็น • 1

  • @nbh1630
    @nbh1630 4 หลายเดือนก่อน

    Encántame. É como un The Office no mundo de X-Files, bravísimo 😂