Muíño d´abaixo

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 19 ก.ย. 2024
  • 8ª Chanfaina Lab (27). Estrea: venres 24 de maio do 2024
    Dirección e realización: Cristina Souto
    Colaboración: Susana Gómez
    Sinopse: "A curta reflexiona sobre como o paso do tempo transformou as atmosferas do muíño no que naceu meu avó, hoxe en día deshabitado. Invita a concibir os espazos como depósitos de vida e memoria, e a deixar levar o maxín a través do mundo espectral que eu mesma descubro ao explorar a casa na actualidade"
    Duración: 5:27’’
    Gravado no muíño situado no lugar de Liñares, concello de Neda, colindando con San Sadurniño e o roteiro de muíños propios deste concello dentro do programa da 8ª Chanfainalab.
    Cristina Souto (As Pontes, 2002)
    Estudante do último ano no grao en Belas Artes da UVigo. Nas miñas obras, emprego diversas técnicas mediante as que adoito traballar co material de arquivo para construír un pretérito presente e reflexionar sobre a actualidade. Comecei a traballar co audiovisual o ano pasado, participando na sección Paraíso do S8 da Coruña, a ChanfainaLab de San Sadurniño, e o obradoiro "A xogos coa realidade", con Berio Molina, no Novos Cinemas de Pontevedra. Actualmente investigo sobre a represión franquista da miña vila natal. Podedes ver os meus traballos tanto en Instagram como na miña canle
    Cristina achegouse a San Sadurniño perseguindo o ronsel da memoria persoal e a do seu avó, muiñeiro no Xuvia:" cheguei a San Sadurniño motivada por visitar o seu roteiro de muíños polo río Aceiteiro, para identificar un nexo de unión co pasado da miña familia, empregados durante décadas no oficio de muiñeiros a escasos 10 km do concello de San Sadurniño. Porén, de seguido vin que estes muíños, que eran de uso comunal, pouco tiñan que ver coa historia do rexeitamento da casa muíño familiar, xa que esta era, ademais dun lugar de traballo e encontro, un fogar. Por iso, configurei a peza nun diálogo entre as fotografías antigas que se tomaron nos tempos nos que o muíño era un espazo familiar e as gravación que hoxe en día puiden tomar amosando a casa deshabitada".
    "Muiño d ́abaixo" é un fermoso e delicado achegamento ás raíces familiares da pontesa cineasta nun espazo tradicional da arquitectura popular. Nesta videocartografía emocional, Cristina recupera sentimentos vividos nas paredes da casa familiar a pesares do inexorable devalar do tempo: "O resultado final é unha especie de pequenísimo documental de autor no que, a través da voz en off, é exposta ao espectador unha reflexión a propósito da capacidade dos espazos de ser depósitos de memoria, e de mudar co tempo segundo os seus usos. A pesares de non ser parecida á peza que eu tiña en mente, sinto que é unha expresión sincera da miña maneira de relacionarme con este espazo, e que resulta de fácil empatización para o espectador, xa que todos coñecemos lugares esquecidos que, a pesares de estaren baleiros hoxe en día, reteñen a vida que houbo noutro tempo. Iso é o que nos propón Cristina con elegancia e delicadeza, un exercicio de empatía, case como un haiku visual: recuperar a memoria que habita nos espazos da vida e revelar o pasado, como o son dese muiño orfo de avó muiñeiro, mais aínda vivo grazas a maxia do cinema e a (re) creación da neta cineasta. Como esas mans que recollen as lembranzas das augas do río.
    📬chanfainalab@gmail.com
    / chanfainalab
    / chanfainalab
    / chanfainalab

ความคิดเห็น •