DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO 2022.

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 16 ต.ค. 2024
  • 2 de abril #DIAMUNDIALAUTISMO #HazFeliz
    Campaña de Incidencia Social Autismo Galicia polo día internacional de concienciación do AUTISMO.
    O día Mundial do Autismo é unha celebración, pero tamén un día de reivindicación. Estímase que en Galicia pode haber ata 27.000 persoas con Trastorno do Espectro de Autismo. Para elas, o acceso á educación e ao emprego non son só un dereito, senón tamén factores clave para a súa calidade de vida.
    Baixo o lema «Unha feliz viaxe pola vida», a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo ( TEA) e as súas familias para gozar dunha vida feliz.
    ACTO OFICIAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO 2022. #DíaMundialAutismo
    DATA: DÍA 2 DE ABRIL
    HORA De 11:30h a 13:30h
    O acto terá un formato televisivo en Streaming.
    Na presentación oficial do acto contaremos coa presenza de Jacobo Rey Sastre, Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, na compaña de Mercedes Fernández Angulo, Presidenta da Federación Autismo Galicia, durante a presentación oficial farase a PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA «Unha feliz viaxe pola vida» a cargo da presidenta da Federación Autismo Galicia.
    Tamén como parte do acto teremos a PRESENTACIÓN DA REVISTA MAREMÁGNUM: "XXV anos da revista Maremágnum: Coñecemento e coidados do autismo" a cargo de Cipriano Luis Jiménez Casas, membro do consello asesor da FAG. Director xeral da Fundación Menela e director de la revista Maremágnum. A continuación daremos paso a unha serie de DIÁLOGOS DENDE O AUTISMO. E para rematar unha HOMENAXE A MIGUEL GALLARDO.
    Nas intervencións contaremos con:
    Cipriano Luis Jiménez Casas, membro do consello asesor da FAG, director xeral da Fundación Menela e director de la revista Maremágnum.
    Juan Jesús Gestal Otero, profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC.
    María Soledad García Penalta, membro da Xunta directiva da Federación Autismo Galicia.
    Ana M. Castro-Martínez, doutora en Dereito e presidenta de IN.XURGA.
    Xurxo Mariño, licenciado en Ciencias Biolóxicas pola USC, Mestría en Neurociencia pola Universidade Internacional de Andalucía, e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC
    Isabelle Touton, profesora titular na Universidade Bordeaux-Montaigne.
    Ana Luengo Palomino, profesora titular de Literatura na Universidade Estatal de San Francisco.
    Conchi Muíña Romay e Nuria Sánchez Muíña, coautoras de “Onde o tempo non funciona”. PANUC. Adriana Pazos Ottón, Responsable de Comunicación e Incidencia Social da Federación Autismo Galicia.
    Nas ponencias e intervencións trataremos temas como:
    • COVID-19 E AUTISMO.
    • ACCESO Á XUSTIZA PARA PERSOAS CON TEA.
    • A EVOLUCIÓN DA LINGUAXE E AUTISMO: LECCIÓNS DESDE O PALEOLÍTICO.
    • PARADOXO DA REPRESENTACIÓN DO AUTISMO: UNHA VISIÓN DESDE A MATERNIDADE E A ESCRITURA
    • “ONDE O TEMPO NON FUNCIONA”. PANUC
    www.autismogal...
    A Federación Autismo Galicia constitúese no ano 1995 como unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública. Representamos a máis de 10.000 persoas agrupadas nas 16 entidades que nos conforman, procurando e defendendo os dereitos e necesidades das persoas con TEA. Ofrecendo unha ampla rede de servizos integrais e específicos, dirixidos a persoas con Trastornos do Espectro do Autismo ( TEA) e ás súas familias.
    Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia - Consellería de Política Social.

ความคิดเห็น •