Alalá nº 25 "Os Gaiteiros do Vilar"- TVG

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 8 ก.ย. 2024
  • ALALÁ nº 25 "Os Gaiteiros do Vilar"
    Emisión: 31 de outubro de 2006
    Os Gaiteiros do Vilar reúnense esta noite en “ALALÁ” para divertir coa súa música
    Celso, Recaredo, Manolo e Paco eran catro mozos amigos que nos anos 60 percorrían moitos dos pobos do sur da Limia e norte de Portugal cunha gaita, un clarinete, unha caixa e un bombo. As súas gañas de divertir e divertirse transformounos en músicos aprendidos de oído que tocaban o que podían, o que lles oían a outros gaiteiros ou o que oían na radio, de aí que o seu repertorio vaia desde o "Alalá" de Massiel ata a Muiñeira da Raia.
    Os gaiteiros do Vilar foron aprendidos na necesidade e no inxenio. A música axudaba nas largas horas de traballo nas mallas de día ou nas perigosas noites que saltaban a fronteira con Portugal para ir ao contrabando, nun tempo no que había que subsistir do que fora. Como eles din “a fame era máis alegre que a fartura” e aínda recordan como no ano 1944 un bombardeiro canadense da segunda guerra mundial se estrelara no monte do Vilar e os veciños aproveitaran as chapas de aluminio daquel avión para construír un bombo e unha caixa no que eles mesmos aprenderan a tocar.
    A emigración dos 60 e 70 fixo que moitos marcharan e os que quedaron non seguiron coa música, pero case trinta anos despois, os catro xuntáronse para o público do “Alalá”. Volveron para divertir e contar a súa historia aqueles mozos dos 60 que conservan intacta a frescura e a ledicia da música tradicional máis popular. Música, risas e unha visión intima da Galicia máis rural co cuarteto dos Gaiteiros do Vilar

ความคิดเห็น • 9

  • @ramonteijeira1605
    @ramonteijeira1605 4 ปีที่แล้ว +2

    Me llena de alegría estos vídeos de mi tierra Pntevedra Arbo hrmida Lomba a Caliza muchos saludos a todos los gallegos y mucha suerte
    Desde Be Aires con cariño

  • @pilidiaz7504
    @pilidiaz7504 ปีที่แล้ว

    Mis raices❤

  • @JuanJuan-ff9zg
    @JuanJuan-ff9zg 2 ปีที่แล้ว

    Os gaiteros de voilar

  • @discotecabrunorago9192
    @discotecabrunorago9192 8 ปีที่แล้ว +2

    hola, soy de montevideo uruguy .el sabado 2 ,voy a estar musicalizando el centro gallego aqui en uruguay en una fiesta popular del dia del patrimoño. como se llama la canción cuando empieza este video?

    • @albertorresdguez
      @albertorresdguez 7 ปีที่แล้ว +2

      La canción con la que empieza todos los vídeos de alalá se titula O Merlo.

    • @emiliolopez4765
      @emiliolopez4765 4 ปีที่แล้ว

      DISCOTECA BRUNO RAGO nocennacaiurññ

    • @armandofernandezrobledo6120
      @armandofernandezrobledo6120 6 หลายเดือนก่อน

      Gente muy inteligente , algunos no tuvieron posibilidades pero hacer hacer sus instrumentos, no lo hace cualquiera,

    • @Benigno-vc6kx
      @Benigno-vc6kx หลายเดือนก่อน

      ❤❤ vn
      ​@@armandofernandezrobledo6120