O PROCESO DO LIÑO
ฝัง
- เผยแพร่เมื่อ 2 ม.ค. 2025
- Campaña mediática de divulgación do labor e dos contidos do Museo Etnográfico Casa do Patrón a través da rede TIK TOK realizada no ano 2023 por Ab Origine. Antropoloxía, produción e Xestión cultural.
O proxecto pretende achegar o traballo do museo a todos os públicos e aproveitar o potencial das novas tecnoloxías e das novas redes para a divulgación e valorización do patrimonio cultural. Outros dos obxectivos da campaña é facer accesible e inclusivo o Museo Etnográfico Casa do Patrón ás persoas, que polas súas diferentes casuísticas, non poden acceder ás instalacións de xeito presencial e que, por esta vía, poidan gozar dos seus contidos museísticos. Un Museo en TIK TOK é un proxecto que pon o acento no papel educativo das redes sociais e no seu potencial como vehículo transmisor de valores éticos, morais e culturais.