ENTROIDO GALEGO 🎭 - El CARNAVAL Tradicional en GALICIA

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 20 ก.ย. 2024
  • O entroido é unha das festas máis antigas que se celebra en toda Europa. A súa orixe está nas celebracións das tarefas agrarias e a chegada da primavera, pero ten elementos de orixe romana, cristiá e medieval.
    En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido, Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo e Entroiro. Todos teñen a súa orixe no termo latino introitus, que significa entrada e que sinala a entrada nunha nova estación, a primavera. Tamén se chama carnaval. Para os cristiáns esta
    festa significa a despedida da carne antes de empezar a abstinencia da Coresma. O Entroido é unha época de festa, subversión e moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben.
    Neste vídeo faremos unha viaxe dende os Peliqueiros de Laza ata os Boteiros e Folión de Viana do Bolo, os Volantes de Chantada, os Cigarróns de Verín, as Madamas e Galáns de Vilaboa, os Folións e Mázcaras de Manzaneda, os Xenerais do Ulla e as Pantallas de Xinzo de Limia.
    Exaltación del carnaval de: Laza, Viana do Bolo, Maceda, Xinzo de Limia, Verín y Xenerais da Ulla.
    - Entroido da Ulla - Entroido dos Xenerais (Boqueixón, Touro, Teo, Santiago de Compostela, Vedra, Vila de Cruces, Silleda y A Estrada. A Coruña - Pontevedra)
    - Entroido de Cobres (Vilaboa. Pontevedra)
    - Entroido de Xinzo de Limia (Ourense)
    - Entroido de Manzaneda (Ourense)
    - Entroido de Maceda (Ourense)
    - Entroidos de Portas de Galicia (Verín, Laza y Viana do Bolo. Ourense)
    ---------------------------------------------------------------------------------------------------------
    Este vídeo realizouse con vídeos e imaxes doutros canais de TH-cam. Elaborado en colaboración cos Equipos de Dinamización Lingüística de Galicia con fin educativo.

ความคิดเห็น • 7

  • @lourdespeleteiro9061
    @lourdespeleteiro9061 ปีที่แล้ว +4

    Todos os anos póñolle este video os meus alumnos. Gracias

    • @avionesdepapeltv
      @avionesdepapeltv  ปีที่แล้ว +1

      Moitísimas grazas a ti Lourdes!! 🤩😍

  • @amadeosoria1989
    @amadeosoria1989 ปีที่แล้ว +6

    Esta moi ben a reportaxe pero faltache o oso de salcedo que e o mais antigo de todolos entroidos galegos, firmado o oso

  • @canalreinvista-secanalrein741
    @canalreinvista-secanalrein741 3 ปีที่แล้ว +6

    Sou do Rio de Janeiro e agora vejo a s origens do carnaval carioca.

  • @alfredovarela4892
    @alfredovarela4892 7 หลายเดือนก่อน +1

    Moitas grazas pola reportaxe. Engadiríalle "Os Merdeiros" no entroido de Vigo. Saúdos.

    • @avionesdepapeltv
      @avionesdepapeltv  7 หลายเดือนก่อน +1

      Moitas grazas polo aporte!! Trataremos de falar del noutro vídeo. Bo entroido!! 😊😊