Alala nº 178 "O Entroido de Castro de Laza"- TVG

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 20 ม.ค. 2016
  • Alalá nº 178 "O entroido de Castro de Laza"
    Emitido en Televisión de Galicia: 11/05/2011
    No programa Alalá desta noite achegámonos a un lugar no que as tradicións se manteñen desde hai ducias e ducias de anos, trátase do entroido, o de Castro, no Concello de Laza. Debido ás súas raíces ancestrais é un dos mais visitado e un dos mais agardados. O longo de varios días o programa está ateigado de “actividades” que facer, o problema é dar feito todas, porque aquí o ritmo ¡é frenético!
    O día grande é o domingo, o día que se estrea o Peliqueiro, o día que corren pola vila movendo as chocas e visitando ós veciños casa por casa. Para descubrir a figura principal no seu ambiente ímolos seguir -ós peliqueiros-, imos correr con eles e a un tempo e preguntarémoslle ós veciños por todo o que nos chame a atención.
    Ata hai poucos anos quedaban pouquísimos traxes de peliqueiro porque non había quen os fixera, así que non quedaba mais remedio que alugalos por horas, pero despois volveu á vila Paco, O Xastre e el foi quen de recuperalos para todos. Falaremos co Sr Paco, “O Xastre” dos seus recordos, das partes do traxe, do sentimento de levalo...
    O de Castro diferenciase de moitos outros entroidos porque aquí non se escoitan megafonías nin amplificadores a todo trapo con “bacalao” e “chunda-chunda”, aquí a música é a dos gaiteiros, o seu papel foi fundamental desde hai anos e, desgraciadamente, non poderemos estar este ano co outro Paco, o de Escornabois que foi quen durante moitos anos o gaiteiro que lle puxo música en Castro. El non está pero sí a súa música porque os gaiteiros que recorren este ano as rúas seguen a tocar as pezas que aprenderon del.
    Música non vai faltar e moita e baile e festa e formigas e pelexas de farrapos,,,, e bica para endulzar e moita moitísima alegría.
  • เพลง

ความคิดเห็น • 5