AULÓS
ฝัง
- เผยแพร่เมื่อ 8 ธ.ค. 2024
- Aulós. Música para o proxecto “Lanóbriga, una cidade galaica”
Dous temas interpretados en Aulós por Cástor Castro (de composición propia, cun son pausado, e outro máis rítmico). Artesán: Thomas Rezanka, Austria, reprodución do exemplar conservado no Museo do Louvre, París, de procedencia exipcia.
Dentro do noso interese pola recuperación de sons e instrumentos antigos, o Aulós é omnipresente en moitas das tradicións musicais en toda a cunca mediterránea.
Trátase dun instrumento dobre tipo oboe, que o propio Estrabón [Xeografía, III, 3, 7] cita conxuntamente co salpynx (corno), como instrumentos musicais empregados acompañando ás danzas polos pobos do noroeste peninsular, no cambio de era.
Ben seguro que o Aulós tamén sería tocado polos kallaikos, nalgunhas das súas moi variadas configuracións.
Dende ai unhas décadas hai investigadores europeos traballando na súa recuperación e téñense feito reproducións de distintos modelos que se atopan en museos, Louvre de París, Berlín, e excavacións en Grecia, Macedonia...
Na península ibérica aínda non ten aparecido ningún aulós reproducible, só un fragmento identificado recentemente como tal do xacemento ibero de Azaila-Teruel, aínda que abundan representacións en cerámicas, esculturas e metais (ver os traballos de Raquel Jiménez Pasalodos e Alicia Rodero Riaza).
O máis interesante do instrumento é que por si mesmo ao ser unha reprodución idéntica dos tubos orixinais, en canto os artesáns conseguiron fabricar palletas plenamente operativas, a afinación, as escalas, os intervalos e as harmonías que saen destes tubos, ideados para ser tocados conxuntamente, son impresionantes.
Impresionante ver este intrumento galaico cobrar vida da man de Castor Castro. É un pracer poder desfrutar dos sons que escoitaban os nosos devanceiros. Parabéns...
Moitas grazas Castor Castro e compañía por participar no proxecto, cunha banda sonora onde poderemos escoitar instrumentos musicais da época dos galaicos.