VIVA VIVALDI 1,2,3 e catro estacións (avance)
ฝัง
- เผยแพร่เมื่อ 9 พ.ย. 2024
- As catro estacións de Vivaldi inspiráronnos para crear o espectáculo, Viva Vivaldi (1,2,3 e catro estacións), no que representamos os cambios que se producen en cada unha das estacións do ano con pequenas historias que valoran a importancia da amizade e das relacións afectivas e solidarias interpretado con 2 actrices, 1 actor, monicreques e sombras.
Unha pintora (Maruxa), unha escritora (Rosalía) e un músico (Antón) crearan un mundo fan-tástico, divertido e poético cunhas marionetas tratadas cunha paleta de cores brillantes e con-trastados
Viva Vivaldi (1,2,3 e catro estacións) é un espectáculo dirixido a todos os públicos e en especial ao público infantil de 3 a 8 anos.
Interpretado por Larraitz Urruzola, Marian González e Marcelino de Santiago (Kukas).
Versión e interpretación música a cargo de Rubén Barros Deschamps.
Iluminación de Miguel cabaleiro
Dirección de Isabel Rey Pousada - ตลก