ไม่สามารถเล่นวิดีโอนี้
ขออภัยในความไม่สะดวก

O Serán desta aldea - Pandeireteiras de Loureiro Verde de Lordelo (Toutón - Mondariz)

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 16 ต.ค. 2019
  • O pasado domingo 4 de Novembro de 2018 a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organizou en colaboración co Concello de Mondariz e da Deputación de Pontevedra O SERÁN DESTA ALDEA: O CEO. Xornada do Baile Comunal en Mondariz, unha xornada lúdica na que compartir tradición, tocando, cantando e bailando.
    Esta iniciativa ten como obxectivo recoñecer de aquelas mulleres que tiveron un papel fundamental na preservación da nosa cultura como as grandes portadoras da nosa tradición. Para elo pretendemos homenaxear cada ano un barrio ou aldea e ás súas tocadoras de xeito que poidamos reivindicar a estas grandes mestras como referente vivo que teñen que ser.
    Este ano a xornada estivo centrada no barrio do Ceo (Mondariz) e as informantes homenaxeadas foron Flora da Ponte (falecida no 2015) e Delfina dos Martas, que compartiu a xornada con nós.
    Ademais da homenaxe, tamén tivemos ocasión de asistir a un obradoiro de canto impartido por Felisa Segade, "Repertorio dos bailes de pandeireta do barrio do Ceo"; á charla “Repensando o baile comunal: novos contextos para antigas tradicións” da man da etnomusicóloga Xulia Feixoo; e ao obradoiro de baile que impartiu Montse Rivera "O baile nos seráns do barrio do Ceo".
    E de peche, O Serán!!

ความคิดเห็น •