Xabier Díaz e Xaneco: O pandeiro, percusión tradicional galega. Música no claustro 2015.

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 10 ก.ย. 2024
  • Xaneco, obradoiro de artesanía
    Xabier Díaz e os irmáns Álvarez, concerto
    Música no claustro #contrastes 2015
    Catedral de Tui (Galicia)
    Edición a edición, a música tradicional forma parte do programa multidisciplinar Música no claustro. Nesta ocasión, coñecemos o proceso artesanal de construción dos nosos instrumentos de percusión, coa atención posta no pandeiro, e traballamos as ferramentas, madeiras e peles.
    Cada participante elaborou, xunto a Xaneco, o seu propio instrumento que, unha vez tensado e afinado, levou para a súa casa. O obradoiro completouse co encontro co músico e investigador Xabier Díaz, que xunto aos irmáns Álvarez, ofreceu un concerto no claustro gótico da Catedral de Tui.
    Xabier Díaz define Música no claustro como "unha insula na que público e músicos comparten atmósfera e emoción, esa é a miña marabillosa sensación. Case que sen distancias entre nós, un festival que consegue crear un público respectuosos e entregado, e uns artistas agradecidos e emocionados, desexando que repiquen as campás da catedral 1000 anos máis para celebrar estes encontros".
    O concerto, ao que asistiron un total de 550 persoas, tivo como peche unha experiencia única para falar, para relaxarse coa vista nocturna da paisaxe do río Miño e Portugal, e para compartir cos artistas e asistentes un alabriño D.Pedro de Soutomaior, xunto cun petisco elaborado con producto galego no ambigú do xardín da Catedral.
    Vídeo de Gus Abreu

ความคิดเห็น •