Pontevedra pecha parques e espazos naturais e activa a prealerta ante a chegada de Kirk

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 8 ต.ค. 2024
  • Pontevedra prepárase para intentar minimizar os efectos de Kirk, os restos dun furacán tropical que chegarán mañá mércores ás Rías Baixas. Esta mesma tarde, o concello pechou os espazos abertos e con árbores, como os parques infantís ou a Alameda, ante a posibilidade de que os fortes ventos e chuvias que se agardan provoquen caída de árbores e pólas. Tamén preocupan posibles asolagamentos en diferentes puntos sensibles da cidade. A AEMET ten decretada a alerta laranxa para mañá, mércores.

ความคิดเห็น •