Ribeira Sacra do Miño. Tramo II - 14 decembro 2024 - Roteiros Galegos

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 6 ก.พ. 2025
  • Regresamos ao concello do Saviñao para continuar o noso percorrido polo sendeiro homologado Ribeira Sacra do Miño. Comezamos na igrexa de Mourelos, onde rematamos a etapa anterior. Entre zonas de viñedos e bosques autóctonos chegamos á praia fluvial de A Cova, situada xusto fronte ao Cabo do Mundo*, á beira do Miño.
    Despois temos un forte e prolongado ascenso ata chegar ao lugar de O Priorato e a igrexa de San Martiño. Ao pouco acadamos o lugar de Arxúa. A partir de aquí agardannos tramos de bosque moi fermosos ata a igrexa de Ribeiras de Miño, Santo André, xa no concello de Pantón. Neste punto temos que abandonar a senda sinalizada para continuar monte arriba, por pistas, ata Vilar de Ortelle onde rematamos.
    Todo o percorrido ten paisaxes moi fermosas e variadas: os bosques, viñedos, a beira do Miño, o Cabo do Mundo, as aldeas. O tipo de camiño polo que transcorre a ruta é variado. Hai camiños anchos e cómodos e outros máis estreitos nos que compre ter coidado. Pode haber bastante lama nalgún punto se chovera os días anteriores. Hai tramos de desnivel constante e algo forte.
    *O Cabo do Mundo é un dos puntos máis interesantes que podemos ver no curso do río Miño. É un meandro que forma o río para rodear o monte do Navallo. Este monte, que cae con forza cara o río, ten un desnivel de 200m dende o río ata o punto máis alto, onde hai un castro. Xusto detrás do mesmo está a parroquia chantadina de Santa María de Nogueira, situada nun lugar ben estratéxico.
    Lonxitude: 14 km
    Desnivel: media-alta
    Dificultade: media.

ความคิดเห็น •