De Quindous a Balgos. Cervantes - 13 abril 2024 - Roteiros Galegos

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 6 ก.พ. 2025
  • @Roteirosgalegos
    Descrición da ruta ➡️ roteiros.gal/d...
    Imos ata a comarca dos Ancares, máis concretamente ao concello de Cervantes, ao lugar de Quindous na parroquia que leva o mesmo nome. Logo de ver o seu pazo, comezamos dirixíndonos ao lugar de Santalla e dende aquí collemos rumbo cara a Cerredo por zonas de pasteiros e cultivos. Ao pouco iniciamos un descenso que nos leva ata o castro de Santa María, un dos lugares máis interesantes da zona.
    O castro de Santa María está datado na Idade de Ferro (século I ou II). Sobre o mesmo construíuse unha necrópole medieval entre os séculos XIII e XIV. Máis adiante foi construída a actual igrexa.
    Despois de visitalo, en ascenso, dirixímonos a Couso e de aí a Balgos, onde remata a ruta.
    Durante o percorrido pasaremos por diferentes e fermosas paisaxes, incluídas zonas de bosque, plantacións, pasteiros, vales e ríos, así como diferentes aldeas. A ruta non ten maiores dificultades salvo a lama que poidamos atopar no camiño e algún tramo curto de vexetación un pouco alta.
    Lonxitude: 14,8 km
    Desnivel: medio
    Dificultade: media

ความคิดเห็น •