Marcos Maceira: "É posible reverter a situación da lingua, o que falta é vontade"

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 20 ก.ย. 2024
  • O voceiro da Plataforma cidadá Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística valora ante as cámaras de Nós Televisión a posibilidade dun novo pacto pola lingua que actualice o Plan Xeral de Normalización Lingüística co gallo do seu vinte aniversario, que se producirá o vindeiro 21 de setembro.
    Marcos Maceira, no Día das Letras Galegas, aproveitaba o seu discurso ante a mobilización convocada por Queremos Galego en defensa da lingua para pedir publicamente unha reunión co novo Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, un encontro que tamén solicitaron pola vía formal. Preguntámoslle por estas relacións co Goberno, a súa visión sobre as posibilidades de acordos e os asuntos que considera chave en materia lingüística.
    COÑECER ➕SOBRE ESTE DEBATE POLO GALEGO:
    A intención de actualizar o PXNL por parte da Administración foi anunciada en sede parlamentaria polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López. Este anuncio recibíuse con escepticismo polo PSdeG e o BNG ao considerar que o Goberno do PP nestes 20 anos non desenvolveu ese mesmo PXNL.
    Co gallo deste debate, Nós Televisión tamé entrevistou a:
    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García
    👉 nostelevision....
    O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López
    👉nostelevision....
    O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes
    👉nostelevision....

ความคิดเห็น • 15