AP9 e IES de Chapela: trinta anos de agresión acústica

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 29 ม.ค. 2021
  • Logo de 30 anos de historia do IES de Chapela, a súa banda sonora continúa a ser a mesma. A dunha autoestrada AP9 na que se seguen incumprindo todas as normativas de protección acústica para a poboación. Nin as administracións públicas, nin por suposto a propia empresa AUDASA, parecen preocuparse de xeracións de mozas e mozos que pasan polas nosas aula curso tras curso soportando un ruído enxordecedor, este ano agravado por ter que manter as ventás abertas para facilitar unha ventilación que nos protexa do contaxio do coronavirus. Aquí están, rapaces e rapazas en 3º ESO A, agardando que o Goberno español, a Xunta de Galicia e o Concello de Redondela, obriguen a AUDASA a colocar na autoestrada unhas pantallas acústicas que a empresa se comprometeu a instalar. Mentres tanto as veciñas e veciños de Chapela seguen a pagar unha peaxe bochornosa que engorda o peto duns poucos e poucas para mal de moitos e moitas. Pantallas acústicas xa para Chapela e Teis!

ความคิดเห็น •