Gaita Seivane que leva 60 anos soando nas mans de Jaime Otero

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 19 ก.ย. 2024
  • 💕Este foi outro dos momentos máis especiais da celebración do centenario do nacemento do noso pai na Ribeira de Piquín, cando Xaime Otero, de 77 anos, o último integrante daquel emblemático grupo fundado por Seivane “Airiños da Ribeira", e a súa dona Eva Fernández Couso, outra ribeirega, interpretaron un cantar dedicado a súa terra, con música tradicional da zona e letra composta por ela e a súa irmá Ana. 😍Este gaiteiro da parroquia de Soutelo, residente en Barakaldo, e a súa muller Eva, viaxaron expresamente ata o Chao de Pousadoiro para lembrar ao seu amigo, Xosé Seivane, e as súas andainas co grupo alá polos anos 60. 😊Precisamente Seivane foi quen lle fixo esta gaita de buxo coa que toca esta peza, hai máis de 60 anos, cando Xaime tiña só 13 anos, e costáralle daquela 450 pesetas. 😃Revivir o que alí aconteceu hai 6 décadas foi algo extraordinario, a autenticidade dun momento que quedará para sempre no noso recordo ❤️ Jaime Otero facía soar esta gaita diante dos fillos, netos e bisnetos de Xosé Seivane, e ante a ollada da gaiteira máis célebre da familia, e a neta máis famosa do construtor, Susana Seivane #seivanecentenario Concello de Ribeira de Piquin

ความคิดเห็น •