Susana Seivane e a súa banda do balcón no centenario do seu avó

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 19 ก.ย. 2024
  • Peza extraída do seu último álbum "Dende o meu balcón" (2020).
    A riqueza do noso patrimonio musical galego e a posta en valor dos novos talentos que compoñen en base á tradición, son o fío conductor de “Dende o meu balcón”, o sexto disco de Susana Seivane que supón o retorno ao sustrato ancestral sobre o que Susana construiu a súa carreira.
    Esta volta á orixe xurde a partires dun proceso onde a nosa identidade artellou unha catarse colectiva para miles de persoas no mundo a través da interpretación de Susana dos temas recollidos no disco, durante cada noite do confinamento. Inconscientemente, a procura dos acervos serviu de catalizador da resistencia e precisamente o descubrimento desta condición foi o que levou a Susana a compilar os temas interpretados neste novo traballo discográfico.
    O repertorio de Ricardo Portela, Herme, Moxenas, Muxicas, Os Morenos de Lavadores, Os Campaneiros, Marcos Castro, Pepe Romero, ou Suso Vaamonde, entre outros, forman parte dos 55 temas agrupados en 20 suites para os que Seivane sumou a complexidade de empregar 8 gaitas en diferentes tonalidades.
    Aquí toca Susana Seivane xunto o seu fillo Fiz, irmá Saínza e sobriña Maren, como o facían dende o seu balcón durante o confinamento, ós que se engade o percusionista Carlos Freire.

ความคิดเห็น •