Muiñeira da Picota - Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (The Tambourine Man 2015)

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 21 ต.ค. 2024
  • Muiñeira da Picota (Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre)
    Amoriño si te vas
    Déixame unha prenda túa
    Déixame a túa navalla
    Para picala verdura
    Anque me vou, non me vou
    Anque me vou non te olvido
    Anque me me marcho de corpo
    quédame aquí o sentido
    A pedir vou un favor
    A pedir que me han de dar
    Escóitame miña nena
    Que che quero preguntar
    Téñoche un pano na ucha
    Pano dos catro colores
    Da esperanza, da vinganza
    Dos celos e dos amores
    Meus olliños de pracer
    Se nacemos un para o outro
    Que lle habemos de facer
    Vamos a rae-lo pan
    Ti levarás unha rosa
    I eu un caravel na man
    Teño un castaño moi alto
    No tronco ten mil enrredos
    Tampouco os enamorados
    Poden te-los ollos quedos
    Esta vai por despedida
    na pela dunha mazán
    non cantemos hoxe todo
    deixemos para mañán

ความคิดเห็น •