Os segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 7 ก.ย. 2024
  • Documental que lle achega ao gran público nacional e internacional as pesquisas científicas inéditas de Ruth Varela sobre o fascinante mercado da capital de Galicia, obra do arquitecto Joaquín Vaquero Palacios (1900-1998).
    Pensado en clave identitaria, co obxectivo de integrar a aldea e o campo na cidade, o estilo románico co barroco e a tradición coa contemporaneidade, o Mercado de Abastos de Santiago foi un complexo arquitectónico moi celebrado desde a súa inauguración en 1943. Actualmente é un dos lugares máis visitados de Compostela e, a pesar disto, os seus valores e riqueza cultural seguen a ser descoñecidos. Por outra banda, non existía ata o de agora ningunha produción científica que abordase os detalles deste interesante exemplo de mercado, que resulta ser, na súa concepción innovadora e plasmación arquitectónica, único no mundo.
    O proxecto audiovisual contou coa colaboración de investigadores do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e da Universidade de Santiago de Compostela, con arquitectos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e con material inédito do Arquivo Joaquín Vaquero Palacios, así como coa intervención do neto do arquitecto que proxectou a obra, o tamén arquitecto Joaquín Vaquero Ibáñez.
    Iniciativa realizada por Pablo Francisco Soto Goluboff ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

ความคิดเห็น • 14

  • @JuanJoBande
    @JuanJoBande 2 ปีที่แล้ว +1

    Precioso

  • @javiersanjurjo.architect2834
    @javiersanjurjo.architect2834 2 ปีที่แล้ว +1

    Noraboa polo documental! Moi interesante para coñecer a orixe do mercado

  • @puripereira3692
    @puripereira3692 2 ปีที่แล้ว +1

    Precioso documental. Que alegría poder disfrutar de un trabajo bien hecho.
    Felicidades

  • @federicoe.avilasoto7822
    @federicoe.avilasoto7822 2 ปีที่แล้ว +2

    Un placer ver este vídeo. Nacín en Santiago de Compostela no ano 1946, parece, 5 anos logo da inauguración deste gran mercado de abastos que nunca vin outro igual. Cando era pequeno, ía ca miña nai a facer a compra diaria. Era todo un acontecemento de vida, centos, miles de persoas por todas partes nas tarefas de vender e comprar que, sendo un mercado xa de por si moi grande, os vendedores chegaban á Calderería, á case a porta da universidade, á praza de Cervantes e diante da torre da igrexa que está no mercado e que non acordo seu nome. Vivindo xa na Ponte Pedriña (nacín en Pitelos, moi preto da praza de abastos)vía pasar autobuses e autobuses cos vendedores e as súas cestas de froitos tapados cun pano enriba do bus, apiladas unhas sobre as outras cara o mercado. Impresionaba ver tanta froita e verduras que viñan do val do Ulla e todas as comarcas que rodean Santiago. Cando xogaba ao fútbol, fixéronme unhas botas neste mercado, dixéronme que eran irrompibles é, todo ufano no campo de San Isabel e denantes de empezar un partido, fago presunción aos compañeiros das miñas botas novas é, pra demostrarllo, as dobro unha e outra vez diante deles é..., tronzan á mitad!!! Pois xoguei con elas tronzadas e marquei dous goles, cousa rara porque xogando na media non solía marcar. Así que a anécdota esta miña vai ligada ao Mercado de Abastos de Santiago que este vídeo trouxo ás miñas lembranzas. Un saúdo (ao fútbol chamábanme Ávila)

    • @flordesantiago
      @flordesantiago 2 ปีที่แล้ว

      Un saúdo Ávila, unha testemuña ben interesante sobre o mercado¡ Grazas por compartila¡¡¡

  • @antigonahoy
    @antigonahoy 2 ปีที่แล้ว

    Un placer. Una pena q no lo podamos entender la mayoria

    • @OpsReitia
      @OpsReitia 2 ปีที่แล้ว +1

      Habrá algunas palabras que no se entiendan, pero el gallego y el castellano tampoco son uno de Venus y otro de Marte... Seguro que menos entendían Aldo Rossi o el propio Vaquero Palacios, pero se acercaron a Galicia con profundo interés y respeto por lo que ya había, como se puede ver aquí, en lugar de imponer estéticas ajenas.

    • @jochekopit9857
      @jochekopit9857 2 ปีที่แล้ว +1

      xa saíu o paleto de turno

    • @andresreyes3463
      @andresreyes3463 2 ปีที่แล้ว

      Pero a ver, duas preguntiñas; quen é a maioría?, que é o que non entendes, porque igual é cuestión do teu intelecto (do que asemella non andas moi sobrad@) e non do idioma no que se fale aquí, que por certo son dous, tampouco entendes cando fala o neto do arquitecto...?

    • @anaportoruza4769
      @anaportoruza4769 2 ปีที่แล้ว

      Huy, ¿pero no te has enterado aún de que hay una opción de subtítulos en youtube? Pobre...

    • @antigonahoy
      @antigonahoy 2 ปีที่แล้ว

      @@anaportoruza4769 gracias por lo de "pobre". No lo sabía