Rois: Pleno ordinario 12-7-2024. Aprobación ordenanzas municipais

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 21 ส.ค. 2024
  • O Concello de Rois vai actualizar as ordenanzas reguladoras que fixan os prezo públicos pola utilización dos pavillóns polideportivos e tamén da piscina municipal de Senra, e a que establece as tarifas por acudir á Escola Municipal de Música.
    A proposta foi aprobada no pleno deste 12 de xullo cos votos a favor do equipo de goberno (PP) e a abstención da oposición (PSdeG e BNG).
    O obxectivo é adecuar as tarifas ao custo real dos servizos, tendo en conta que a ESMU mantén os mesmos prezos dende 2012 e os pavillóns dende finais de 1998. A piscina de Senra, na que se acaba de facer unha ampla reforma, estrea ordenanza e deixará de ser gratuíta o próximo verán.
    As ordenanzas someteranse agora a exposición pública durante 30 días.

ความคิดเห็น •