Ailá, a enerxía universal do baile galego

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 8 ก.ย. 2024
  • Xotas, muiñeiras, valses e pasodobres. Sexan soltos, ou sexan agarrados, Ailá chega para sacar punto e facer bailar. O grupo, composto por Xan Pampín, Ángela Carou, Manuele Pardo e Abel Gañete, lanza o seu primeiro traballo discográfico: Ailá.
    A banda compostelá, fraguada nas noites de foliada na Casa das Crechas e representante de Galicia no Festival Celtic Connection 2020, publica nesta primavera un álbum que propón achegar ao público unha óptica moderna da tradición oral galega acompañada de sonoridades festivas e actuais: “Queremos espallar e compartir a enerxía universal tan propia do canto e do baile tradicional de Galicia, a súa esencia máis fonda, a súa alegría”, expón o grupo.
    Traémosvos a nosa conversa con tres das catro integrantes deste grupo picheleiro.

ความคิดเห็น • 3