Alalá nº 150 "Teresa dos Cucos" - TVG

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 2 ต.ค. 2024
  • Alalá nº 150 "Teresa dos Cucos" - TVG
    Emisión en Televisión de Galicia: 03-06-10 - Gravación: Malpica
    alala.crtvg.es
    Teresa “dos cucos” canta. Canta todo o día. E faino desde que era ben pequeniña. Non deixou de cantar nunca, a pesar dos traballos e dos atrancos que a vida lle ía poñendo diante. Porque esta muller traballou moitísimo no campo, na casa e ata facendo encofrados para axudar ó seu home, que era albanel. É xenuda, alegre e faladora. E sabe moitísimas coplas. As coplas que soaban por Malpica cando ela era unha nena e que hoxe só lembran algúns maiores tan cantaríns e festeiros coma ela.
    Hoxe, con 62 anos, dous fillos e catro netos, e cun xeonllo lesionado desde que hai dez anos caeu da bicicleta, segue traballando na casa, axudando ó marido cando vai ó monte buscar toxo e dando o seu paseo diario con Lucía, veciña e amiga da alma con quen comparte contos e cantares. E o que non perde nin cando trona é o ensaio dos martes coas pandereteiras de Limiñoa, ás que acompaña nas actuacións e coas que pasa os momentos máis divertidos.

ความคิดเห็น • 6

  • @floressilvestres3829
    @floressilvestres3829 2 ปีที่แล้ว

    Maravillosa Teresa... Gracias por tu encanto, tus canciones, tu simpatia y naturalidad.. Me encantó conocerla.. FRANCESCA

  • @veliperezrodriguez1292
    @veliperezrodriguez1292 3 ปีที่แล้ว +2

    Quiero ver a Áurea ... Quiero ver la

  • @josemanuelalonso2337
    @josemanuelalonso2337 3 ปีที่แล้ว +3

    Qué grande esta mujer...

  • @hadrianafelpeteiglesias7671
    @hadrianafelpeteiglesias7671 8 ปีที่แล้ว +5

    Non hai outra coma ela 😍 ghrande Teresa ❤❤❤❤

    • @oscarrz304
      @oscarrz304 5 ปีที่แล้ว +2

      canciones d teresa dos cucos quiero oilas

  • @floressilvestres3829
    @floressilvestres3829 2 ปีที่แล้ว

    Que guapa estás en ese video..