Elena Ferro: creatividade e arte na pel. Sesión da tarde

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 18 พ.ย. 2024
  • Xornada De pioneiras e andainas
    Elena Ferro: creatividade e arte na pel
    Xoves, 24 de outubro 2024 Santiago de Compostela
    Ser zoqueira. Traballar coas mans. Ver arte na pel, na madeira, nos elementos da natureza. Desfrutar dun obradoiro. Enfrontarse aos roles de xénero impostos. Darlles aos zocos vida para o século XXI. Crear. Todo iso é Elena Ferro.
    Muller comprometida coa terra e o feminismo. Desde Merza as pasarelas de todo o mundo levan os zocos que as nosas avoas calzaron para mostrar que a beleza está na mirada. Aqueles que noutro tempo foron sinónimo de pobreza son hoxe a metáfora da dignidade da nosa herdanza, dos oficios que nos deron de comer, que impediron que os nosos pés se enchoupasen coa auga dos regatos.
    Cada outono e desde hai dezaseis anos, o Consello da Cultura Galega homenaxea a unha muller pioneira. Unha xornada para facer balance e para mostrar como abrir camiños deixa pegada no futuro. Nesta edición propomos, máis alá do merecido recoñecemento a unha artista como Elena Ferro, revisar a importancia dos oficios galegos desde a óptica feminista. Con este obxectivo, novas artesás falarannos de como ven a artesanía neste século da obsolescencia dos obxectos. Contra a velocidade do efémero, as cousas duradeiras son revolucionarias. Tamén gozaremos coas persoas que acompañaron a Elena Ferro no seu proceso vital e creativo, desde que era un talento escondido ata ser Premio Nacional de Artesanía.
    "Para min o máis importante deste traballo foi dignificalo porque estaba deostado. Os anos 2010/2011 foron cruciais porque aí empezaron a encaixar os zocos que eu facía. A xente aprendeu a miralos doutra maneira, a sacar un sorriso. Logo as redes axudaron a sacar os zocos de contexto, amosalos dun xeito diferente e que a xente os vise doutra maneira, pero ese respecto polo oficio foi progresivo".
    Ela é Elena Ferro. Unha obra consolidada. Unha forza creativa que nos devolve o orgullo de pisar as rúas coa madeira e a pel da nosa tradición. A beleza é intemporal. Agardamos por vós nesta xornada chea de oficio e beleza.

ความคิดเห็น •