TREIXADURA interpreta "Fisterra"
ฝัง
- เผยแพร่เมื่อ 9 ก.ย. 2024
- TREIXADURA interpreta "Fisterra" para o programa NO BICO UN CANTAR
ver programa:
www.crtvg.es/tv...
Foi unha das cancións máis gravadas da música galega. A primeira gravación foi a do dúo María e Xabier no ano 1969 e outra versión folk-pop posterior, de 1972, é a do cantante Xoán Rubia, que a popularizou.
Esta homenaxe ao traballo mariñeiro forma parte imprescindible das melodías galegas e é unha canción que se presta moi ben ao canto colectivo. Pero, a pesar de que moitos consideran "Catro vellos mariñeiros" unha canción tradicional, Xosé Travieso reclamaba en 1985 a súa autoría. Este xornalista de Viveiro tiña 22 anos cando a compuxo e os catro mariñeiros existiron, pero non a rexistrou. Deste tema, de como o compuxo e da figura deste xornalista coñecido pola súa sátira e a súa pluma incansable, fala o programa co seu fillo, Javier Travieso. Un dos motivos da creación da peza era a morriña do seu Viveiro natal e o que menos pensaba o seu pai é que esta canción chegase a ter tanta popularidade.
O tema representa unha bucólica postal e, no reverso da moeda, están os mariñeiros que non volveron, os que o mar levou. "No bico un cantar" lembra a galerna de 1971 en Celeiro, que provocou o afundimento de 20 barcos. O programa dirixido por Senén Bernárdez e presentado por Arturo Fernández está con mariñeiros, que expoñen a súa visión do mar, e tamén fala co mestre e historiador Vicente Míguez.
As versións de "Catro vellos mariñeiros" que se poden escoitar van desde Xoán Rubia ou Escolma de Meus, ata unha emocionante peza ao piano de Xaime Estévez e a interpretación de Treixadura, sen esquecer as versións máis clásicas.
Visita a nosa canle:
alala.crtvg.es - เพลง
moitas felicidades ,
Por parte de Josefa e Lia pronto nos veremos nos conciertos
Por Morgan
Fisterra vai na proa
Camariñas vai no mare
Santa Uxía de Ribeira
Póboa do Caramiñale
Eu tamén choro, eu tamén choro
Cando non me alumean, meu ben
Eses teus ollos
Eses teus ollos, eses teus ollos
Cando non me alumean, meu ben
Eu tamén choro
Se queres que brille a lúa
Pecha os ollos, meu amore
Que mentra-los tes abertos
A lúa pensa que hai sole
Eu tamén choro, eu tamén choro
Cando non me alumean, meu ben
Eses teus ollos
Eses teus ollos, eses teus ollos
Cando non me alumean, meu ben
Eu tamén choro
Para sardiñas Aguiño
Para bolos Castiñeiras
Para rapazas bonitas
Santa Uxía de Ribeira
Eu tamén choro, eu tamén choro
Cando non me alumean, meu ben
Eses teus ollos
Eses teus ollos, eses teus ollos
Cando non me alumean, meu ben
Eu tamén choro
Muchas gracias por poner la letra.
Biquiños duna fan
Pero din Finisterra?