Xornadas Muller e extractivismo | Debate Juana, Carolina y Marisa

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 9 พ.ย. 2024
  • As “Xornadas Muller e extractivismo” reflexionaron sobre a relación entre as mulleres rurais e os proxectos industriais.
    Entre o 20 e o 22 de xuño, tiveron lugar en Vigo as Xornadas Muller e Extractivismo, organizadas pola área de Ecofeminismo de Ecoloxistas en Acción Galiza. Perseguían o obxectivo de profundar nas relacións de espolio dos produtos da natureza, a nivel estatal e global, así como nas condicións de explotación das mulleres no terreo agrícola e industrial.
    Para conseguilo, celebráronse dúas mesas redondas nas que participaron, o primeiro día, Celtia Traviesas e Patricia Luceño e, o terceiro, Marisa Maliaño, Carolina Amaya e Juana Ferrer. Tamén se contou cun espazo de reflexión ecofeminista non mixto no que se buscaron solucións e alternativas para romper as construcións patriarcais abordadas nas xornadas.

ความคิดเห็น •