Dios Ke Te Crew | Haters

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 28 ก.ย. 2024
  • "Haters", segundo adianto do EP de Dios Ke Te Crew "En que ano estamos?! coa aparición Especial de Xosé A. Touriñán.
    CRÉDITOS Vídeo:
    Dirección: Xaime Miranda
    DoP: Iago Vilarinho
    1st AC: Miguel Sanbréijome
    Axudante de Dirección: Lucía Ramiro
    Axudante de Producción: Bea Villar
    Maquillaxe e perruquería: Iria Parras
    Vestiario: Laura Soutullo
    Dirección de Arte: Manuel Miranda
    Edición e cor: Xaime Miranda
    VFX Composite: Rubén Arenas
    Extras: Antón Pedreira, Blanca Louro, Daripovich Overmans, Laura Soutullo, Lola Lombardía, Sonia Lombardía, Xabier Colmeiro
    Coa colaboración de A Nave de Vidán, Compostela.
    CRÉDITOS Música:
    Música: Mou
    Letras e voces: Sokram, Jamas e Mou.
    Scratches: Padre Murdock
    Gravado e mesturado por Mou en Rapapoulo Estudios, Ordes.
    Mastering: Cem Oral ( Jamming Masters Studios, Berlín.)
    DKTC SONS ©
    ___________________________________________
    LETRA ORIXINAL:
    RETROUSO:
    Coa idade cada vez máis hater,
    non aturas o buenismo da xente,
    coa idade cada vez máis odiador,
    xa non vos soporto e ódiovos con rigor.
    Coa idade cada vez máis hater,
    non aturas o buenismo da xente,
    coa idade cada vez máis odiador,
    xa non vos soporto e ódiovos con rigor.
    SOKRAM:
    Odio, teño o monopolio do odio,
    non xogues comigo porque estou no podio do hate,
    o teu ao lado do meu é como un template,
    asi que coidado co Rei do:
    Zasca!, zasca!, arcada, arcada,
    cada vez que vos vexo falando de nada,
    rifando por todo, dando puta pena
    e sen ter puta idea do tema, pero…
    Dándovolas de eminencia,
    ilustres, mestres, en ignorancia,
    Paulo-Coelhistas esvaran na pista
    sen paracaídas para a hostia que era máis que vista…
    Insista vostede, con toda esa plebe
    que se cree moi lista pero nunca le,
    que vota ao fascista que mirou na tele,
    branqueado polo xornalista que é un pelele.
    RETROUSO:
    Coa idade cada vez máis hater...
    MOU:
    Cada cada vez cada vez máis hater,
    puro puro odio coma Darth Vader,
    son do lado escuro non podes determe,
    cabo a túa tumba coma o Undertaker.
    Terra por enriba para o teu mindfullnes,
    non te equivoques, ti non inflúes,
    só infundes a tolemia que ti sofres,
    Mr. Wonderfull, mellor que te retires.
    Marcas tendencia, ti vas de cool,
    como Gatocán co coco no cú,
    co careto de nhú, rézolle a Manitú
    para que che pechen a canle de TH-cam.
    Ferve, ferve o sangue ao verte,
    como cando leo un chío de Reverte,
    escribindo frases que cheiran a peste,
    pídolle á RAE que che poña en ERTE.
    RETROUSO:
    Coa idade cada vez máis hater...
    JAMAS:
    Son a maldade mesma con pernas,
    un prenda de medo,
    róubolle os carros da compra ás vellas,
    límpolle a esmola aos cegos.
    Va-va vacilo tatexos,
    ós xordos sopro segredos,
    enredo aos pitoños,
    achégome e dígolles: “Chosco, segue o meu dedo”.
    Teño un emporio de repertorio
    vexatorio descomunal,
    plusmarquista en rebentar autoestimas
    profesional. Máis...
    Cambia de beira de aceira á carreira
    se Don Negueruela quere pasar,
    mételle o turbo á cadeira de rodas
    porque se non voas, vouchas pinchar.
    RETROUSO:
    Coa idade cada vez máis hater...

ความคิดเห็น • 29

  • @montaplexing
    @montaplexing 10 หลายเดือนก่อน

    Oro puro

  • @jipjap1785
    @jipjap1785 2 ปีที่แล้ว +9

    Obra de arte o video, que pasada de tema tamen. Con esta canción non se pode ser hater macho...

  • @controlxic969
    @controlxic969 ปีที่แล้ว

    Bonissima 🤌!

  • @davidsueirorial3520
    @davidsueirorial3520 2 ปีที่แล้ว +2

    Impresionante. A ese nivel non chega calquera.... Canto talento!!!!!!

  • @pilariglesias7046
    @pilariglesias7046 2 ปีที่แล้ว

    Cóstame escoitar todo menos o que di Jamás, e os estribillos. Igual estou un pouco tapia.

  • @marcosnavaza4604
    @marcosnavaza4604 2 ปีที่แล้ว +2

    No entiendo muy bien el Gallego, pero está bonito de escuchar

  • @comandokatanatv
    @comandokatanatv 2 ปีที่แล้ว +4

    Noraboa rapaces !!! temazo + videazo 👌

  • @juancostas13
    @juancostas13 2 ปีที่แล้ว +5

    Tremendo, fai pouco cumplin 30 e eu mismo me noto cada vez mais hater 😂😂

  • @ADIOSKETECREW
    @ADIOSKETECREW  2 ปีที่แล้ว +4

    Grazazas parroquia! Hate is Love... ;)

  • @HipHopEmGalego
    @HipHopEmGalego 2 ปีที่แล้ว +6

    Moi elaborado xente! Brutal 🔥🔥

  • @gigabit1024
    @gigabit1024 2 ปีที่แล้ว +1

    Tal cual 😂

  • @juancostas13
    @juancostas13 2 ปีที่แล้ว +2

    😏

  • @e.amboage6212
    @e.amboage6212 2 ปีที่แล้ว +3

    Brutalisimo!!!!!!

  • @dietistarealist
    @dietistarealist 2 ปีที่แล้ว +3

    TEMÓN!!!!

  • @obslim9817
    @obslim9817 2 ปีที่แล้ว +1

    🔥🔥🔥🔥🔥🔥

  • @rapsolo2963
    @rapsolo2963 2 ปีที่แล้ว +2

    Moi bo, sona de carallo!

  • @blancoloureiro
    @blancoloureiro 2 ปีที่แล้ว +1

    Que grandes!

  • @kevinlorenzo9241
    @kevinlorenzo9241 2 ปีที่แล้ว +1

    🔥🔥

  • @fernandatrujillo1812
    @fernandatrujillo1812 ปีที่แล้ว

    Que buena propuesta!

  • @avalomm77
    @avalomm77 2 ปีที่แล้ว +1

    Letra, plis!

    • @ADIOSKETECREW
      @ADIOSKETECREW  2 ปีที่แล้ว +2

      Está na descrición do vídeo 🤘🏾

  • @giannamoon136
    @giannamoon136 ปีที่แล้ว +1

    TEMAZOOOO!!!

    • @blancoloureiro
      @blancoloureiro ปีที่แล้ว

      Tu no eres la famosa streamer de Dango ?

  • @iagoalcala4731
    @iagoalcala4731 2 ปีที่แล้ว

    Moi Boa!!!

  • @hugoleis6968
    @hugoleis6968 2 ปีที่แล้ว

    Temazoooooo!!!

  • @tomatemezquino
    @tomatemezquino 2 ปีที่แล้ว +3

    Cerca dos 40 en cagándome en Dios...no falso... non en vos!

  • @mandawomantrap.375
    @mandawomantrap.375 2 ปีที่แล้ว

    Salud2 desde Baiona Galicia

  • @xoseabelenda6033
    @xoseabelenda6033 2 ปีที่แล้ว

    SODES O MÁXIMO

  • @drthinkdj
    @drthinkdj 2 ปีที่แล้ว +2

    Sempre facendo as cousas ben, moito arte tedes amiguiños.