SOS Parque do Castro de Vigo

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 22 ม.ค. 2024
  • O Castro é o único parque que posúe a cidade de Vigo nun amplo radio do centro da urbe.
    Pero está seriamente ameazado, sin que vexamos que as cousas vaian mudando para ben.
    Unha ameaza é o tráfico que debe soportar cada día. Ademais de múltiples autobuses con turistas, está sendo utilizado masivamente como anárquico aparcadoiro gratuíto no centro da cidade. Este feito converte o Castro nun lugar contaminado, estragado e por suposto nada doado para gozar da tranquilidade polos que alí pasean ou fan deporte.
    Outra ameaza é turística. O noso concello ten como un dos seus obxectivos, que os turistas, especialmente os que veñen por mar poidan contemplar dende os barcos a muralla do castelo. Por eso lle estorban as árbores. Pouco a pouco, sen presa pero sen pausa, van desaparecendo árbores grandes e pequenas no entorno deste lugar privilexiado. Como si os cidadáns non nos decatáramos disto! Así vai desaparecendo a masa forestal e o parque presenta cada vez mais calvas e mais cemento.
    As árbores non son un adobío nen un capricho superfluo. Sen eles a nosa vida será moito peor. Son imprescindibles para a saúde dos vigueses. Unha mágoa!

ความคิดเห็น •