25 anos facendo barrio na Biblioteca Municipal de Monte Alto

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 11 มิ.ย. 2024
  • O 3 de xuño de 1999 inauguramos a Biblioteca Municipal de Monte Alto, que se converteu na sexta biblioteca da rede municipal da Coruña. Foi a primeira biblioteca municipal totalmente informatizada, tanto no servizo de préstamo como na xestión de acceso á colección e á oferta de ordenadores de acceso público. Foi, tamén, pioneira en contar cunha aula de informática destinada á formación.
    Xogou e xoga un papel fundamental na promoción da lectura e a cultura na comunidade.
    A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, dando servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa zona de influencia, e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso ao coñecemento e susceptibles de marxinalidade e á práctica cultural, lectora e formativa.
    Edte vídeo recolle o testemuño de entidades, asociacións e persoas usuarias que plasman o que implica a biblioteca nas súas vidas.

ความคิดเห็น •