I XORNADAS DE TRABALLO SOCIAL EDUCATIVO: A peza que falta! Mesa debate

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 24 มิ.ย. 2024
  • O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, en colaboración co grupo de traballo de educación da entidade, pon en marcha as I XORNADAS DE TRABALLO SOCIAL EDUCATIVO o pasado 27 de abril, no edificio CERSIA en Santiago de Compostela.
    Nestas Xornadas reunímonos para debater sobre un tema de vital importancia: o papel do Traballo social no eido educativo.
    Atopámonos fronte a un desafío apremiante: construír un sistema educativo inclusivo, equitativo e de calidade que responda as necesidades e realidades da nosa sociedade galega. Neste contexto, o traballo social emerxe como unha peza fundamental que complementa e fortalece as accións educativas, contribuíndo á promoción do benestar e o desenvolvemento integral de todas as persoas.
    Durante as xornadas, contamos coa participación de destacadas profesionais quen compartiron as súas experiencias, reflexións e propostas para avanzar cara a un sistema educativo máis xusto e solidario. As relatoras abordaron temas cruciais como a situación social no sistema educativo galego, a experiencia e práctica profesional no ámbito educativo, así como reflexións e conclusións que nos convidarán a seguir traballando xuntas na construción dunha sociedade máis inclusiva e equitativa.
  • บันเทิง

ความคิดเห็น •