De Corme a Cabana de Bergantiños. Camiño dos Faros - 23 outubro 2021 - Roteiros Galegos

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 16 ต.ค. 2024
  • Descrición da ruta ➡️ roteiros.gal/c...
    Seguimos coñecendo a nosa costa percorrendo o Camiño dos Faros. Comezamos a ruta en Corme e o percorrido lévanos ata Cabana de Bergantiños. Ao pouco de saír de Corme acadamos a fermosa praia da Ermida e enseguida írmonos introducindo no cantil que vai bordeando o monte da Facha ata chegar á praia de Balarés. Este tramo é un pouco parecido a tramos de etapas anteriores do camiño: sendeiro estreito con algúns chanzos rochosos.
    Saíndo de Balarés imos rodeando o monte Branco, unha das xoias da xornada de hoxe. É un monte formado por un impresionante sistema dunar, no estuario do Anllóns que é un paraíso ornitolóxico.
    Pouco a pouco chegamos a Ponteceso. Unha vez cruzada a súa ponte temos un treito dun quilómetro de longo pegados á estrada ata acadar un desvío que nos leva novamente á beira do estuario do Anllóns e de aí ao paseo marítimo polo que continuaremos ata chegar a Cabana onde rematamos.
    Lonxitude: 16,1 km
    Desnivel: medio-baixo
    Dificultade: media

ความคิดเห็น •