05. SonDaRúa - Berro colectivo (con Ezetaerre) [ETERNO COMBATE LP]

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 12 ม.ค. 2025

ความคิดเห็น • 37

  •  4 ปีที่แล้ว +19

    LETRA (GALEGO)
    Hugo Guezeta:
    Xa fixemos a colabo, aliñáronse os astros
    celtas renacendo deses verdes castros
    corenta en bastos, espíritu de "Cinco Talegos"
    cinco galegos e un meio vasco
    puro combate, non hai escape, porque imos a morte
    que nos delaten, o cora(zón) late sempre en cada corte
    desobedecer coma deporte
    , dilles
    que non somos "Stark" pero mandamos no norte
    imos fortes neno, loitando pola terra sempre
    outros por vender, venderon á súa xente
    proclámanse os mellores pero creo que non
    son farsantes perdedores coma Juan Guaidó
    cagho en to', despois de facer este puto tema
    só falta tomar a Xunta e liscar a Feijóo
    eiquí dise caralludo non "amazing bro"
    só rimo en castelán se mo pide Kase O
    Petrowski:
    Dando couces a racistas, como Eric Cantoná
    son o "rookie" malfalado que reventa co seu track
    chámame "puto toyaco" que xa tanto me dá
    que eu só creo no dereito de vivirmos en paz
    con resaca emocional, esta merda xa cansa
    primeiro foi traxedia, renaceu como farsa
    morra o mal goberno, hai que facer que todo arda
    o seu inferno, a nosa única esperanza
    (RETROUSO)
    Dixéronnos que non se podía,
    tentaron silenciarnos dende que fomos cativos
    Vemos inxustiza cada día,
    para a nosa rebeldía sobran xa moitos motivos
    Que nos protexía a policía, protexen ao poder, o pobo sempre ferido
    Coa nosa memoria como guía
    , van escoitar ben forte este berro colectivo
    Alex Arnoso:
    SonDaRúa Ezetaerre
    , soltando versos combativos
    para que a peñita berre, erre que erre, canto en galego
    non me vou mudar de lingua para ver se me pego
    vimos de abaixo, chego ata o ceo, aquí non vexo deus
    xa non encaixo, xa non vos creo, os medios minten, meu
    Inda e Ferreras son os dous do mesmo dono
    ambos pensan o mesmo aínda que lle cambien o tono
    pronunciamento no ano trinta e seis,
    pero o das urnas en Cataluña un golpe de Estado
    "A por ellos!" din os que só cumplen leis
    logo van dar hostias todos enfarlopados
    Garchuvique:
    Cos dous de sempre, medo me dá
    a colabo máis ansiada que a volta da RDA
    pillaron ós seus fillos escoitando os nosos tracks
    e pediron que aplicaran o PIN parental
    o plano temporal non podo entendelo
    fascistas sen complexos, entre risos no "Hormiguero
    "
    nin un peso no peto, pero cremos no que temos
    este tema nos teus cascos, a revolta no tinteiro
    (RETROUSO)
    Dixéronnos que non se podía,
    tentaron silenciarnos dende que fomos cativos
    Vemos inxustiza cada día,
    para a nosa rebeldía sobran xa moitos motivos
    Que nos protexía a policía, protexen ao poder, o pobo sempre ferido
    Coa nosa memoria como guía
    , van escoitar ben forte este berro colectivo
    Juan:
    Mira a eses tres, con eses dous, ¿que andan argallando?
    agora aplauden forte os que quixeron enfrentarnos
    que non somos rivais como soñaron uns cantos
    xa teño vinte e tantos para andarme con teatro
    s
    ei sí, que non temos rival
    imos poñer a Don Patricio a estrear o gulag
    sobra medio panorama e moito intelectual
    Ezetarre SonDaRúa na caluga de Abascal
    Todos (Ponte a retrouso)
    Sen parar ate crebar tódalas fendas
    que no rap da terra xa somos lendas
    mellorar, facelo para que transcenda
    que as nosas rimas non están á venda
    uns botando cara, enganando seguidores
    nós puxémola na rúa, que será a que nos coroe
    branco e negro o panorama, pois sacámoslles as cores
    connosco na partida xa comezan en "game over"
    (RETROUSO FINAL)
    Dixéronnos que non se podía,
    tentaron silenciarnos dende que fomos cativos
    Vemos inxustiza cada día,
    para a nosa rebeldía sobran xa moitos motivos
    Que nos protexía a policía, protexen ao poder, o pobo sempre ferido
    Coa nosa memoria como guía
    , van escoitar ben forte este berro colectivo!

  • @spottedft
    @spottedft 4 ปีที่แล้ว +34

    CHAVALES CHEGOU A COLABO MAIS ESPERADA DE TODO GALIZA!!!

  • @danirigueiro7349
    @danirigueiro7349 4 ปีที่แล้ว +5

    Temazo!! Sondarúa y Ezetaerre os dous mellores grupos galegos!! Sodes grandes!! ✊🏼✊🏼✊🏼

  • @PP-pm4iw
    @PP-pm4iw 3 ปีที่แล้ว +3

    Mira eses tres, con eses dous, que andan argallando? 🙌👏 REVOLUZON!!! Petrowski, Garchu, Juan + Hugo e Alex 💜 o mellor da Nosa Terra.

  • @lmj139
    @lmj139 4 ปีที่แล้ว +5

    Non era sen tempo!!!! Saúdos ferroláns dende Pamplona!. Forza!

  • @elablancolombardia4841
    @elablancolombardia4841 4 ปีที่แล้ว +15

    a ver, non está nada mal. Entendédeme, é un tema ben producido e que funciona a nivel lírico. Pero francamente, esperaba algo máis apoteósico para o que era de veras a colaboración máis esperada do hip hop en galego. Sempre dende o construtivismo, a tope con esa cultura combativa!

  • @LauraLopez-ex7zo
    @LauraLopez-ex7zo 4 ปีที่แล้ว +3

    A colabo máis esperada ❤️❤️❤️ Noraboa, rapaces ❤️😘

  • @iagogallegorey4262
    @iagogallegorey4262 4 ปีที่แล้ว +2

    Vaya pedazo de tema, en bucle todo o tempo, a seguir!

  • @gutigaliza
    @gutigaliza 4 ปีที่แล้ว +3

    noraboa por esta obra! moi duros e combativos sempre, en pe! 💥🔥

  • @arcotxiki9141
    @arcotxiki9141 4 ปีที่แล้ว +2

    ✊🏿✊🏻✊🏿✊🏻✊🏿✊🏻✊🏿✊🏻

  • @thegati2009
    @thegati2009 4 ปีที่แล้ว +1

    Me encanta. TE MA ZO

  • @carlinosgz5311
    @carlinosgz5311 4 ปีที่แล้ว +4

    "as nosas rimas non están á venda" 😍😍😍

  • @HipHopEmGalego
    @HipHopEmGalego 4 ปีที่แล้ว +2

    Por fin!!! Espiritu de 5talegos!

  • @haimarreinlein415
    @haimarreinlein415 4 ปีที่แล้ว +2

    Joder que TEMON 🔥🔥✊🏻 La mejor colabo se Galiza. Seguid asi

  • @michugoasgo6775
    @michugoasgo6775 4 ปีที่แล้ว +1

    vaia combinacion!!mellor ca un coctel molotov, sempre eterno combate por NOS

  • @zheibe
    @zheibe 4 ปีที่แล้ว +3

    Temazo ostia 💣

  • @jorger8513
    @jorger8513 4 ปีที่แล้ว +1

    "Coa nosa memoria como guía" ❤️

  • @mateosoto9991
    @mateosoto9991 4 ปีที่แล้ว +1

    Temaaazo! 🤩🔥

  • @juanvulcano906
    @juanvulcano906 4 ปีที่แล้ว +1

    👏👏👏

  • @editsmoralex2274
    @editsmoralex2274 4 ปีที่แล้ว +2

    Quebgrandtes

  • @vinagreee5367
    @vinagreee5367 4 ปีที่แล้ว +2

    A representación dos meus soños da Galiza Soberana e Socialista

  • @mariofernandez2750
    @mariofernandez2750 4 ปีที่แล้ว +2

    Que puto temón xente!!✊

  • @christiandiaz5428
    @christiandiaz5428 4 ปีที่แล้ว +2

    Ides fixar comentarios coa letra?

    •  4 ปีที่แล้ว +5

      Iremos incorporando letras de tódolos temas sí, saúde!

    • @CaRLoS001764
      @CaRLoS001764 4 ปีที่แล้ว +2

      se agradece, que siendo valenciano cuesta más pillar el mensaje si no 😅

    • @tiwaz1067
      @tiwaz1067 4 ปีที่แล้ว +1

      Xa tes a letra neste tema e nos anteriores crack! Estou a transcribir o resto

    • @christiandiaz5428
      @christiandiaz5428 4 ปีที่แล้ว +2

      @@tiwaz1067 grazas meu!

    • @tiwaz1067
      @tiwaz1067 4 ปีที่แล้ว +2

      @@christiandiaz5428 Nada! Semella que non son o único que disfruta ler a letra mentras escoita estes temazos jajajaj

  • @lara9532
    @lara9532 4 ปีที่แล้ว +1

    Qué se sinte o facer unha colabo cun grupo no que hai un acosador?