Alalá nº 98 "Clemente -O Ferreira"- TVG

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 16 ต.ค. 2024
  • ALALÁ Nº98 CLEMENTE “O FERREIRA”
    EMISIÓN en Televisión de Galicia: 10 DE FEBREIRO DE 2009
    As gaitas dos gaiteiros vellos están acostumadas ó arrecendo a herba fresca, pero despois de 30 anos metida nun armario nun piso de Lugo de Llanera, en Asturias, a gaita de Clemente o Ferrera colleu o ton grisáceo e melancólico dos instrumentos vellos: a madeira embruteceu como asfalto, a palleta grosa como hormigón… e as notas volveronse terriblemente tercas.
    A gaita está así, porque Clemente “O Ferrera” leva máis de trinta anos sen tocar nunha aldea. O equipo do programa conseguiu que Clemente volvera, despois de 30 anos ao lugar no que máis lle gustaba tocar: Murias de Rao, unha aldea de Navia de Suarna na que aínda viven os mellares bailadores da zona.
    A mañá na que Clemente regresou a Murias de Rao había no aire un arrecendo a nostalxia. A unha época de plenitude anterior... A maioría dos bailadores pensaban que Clemente morrera e cando souberon que volvía e que ía montar unha polavila comas de antes, o tempo detívose e camiñou cara atrás 40 anos. En Murias este día todos volvéronse mozos e xamais se olvidará este momento máxico no que o gaiteiro volveu a sentirse gaiteiro... e os bailadores volveron a sentirse bailadores. Esta noite no Alalá

ความคิดเห็น • 1

  • @jotapardo2023
    @jotapardo2023 ปีที่แล้ว

    Pos eu de Clemente alomejor e o que chamaboslle Adeu...Este era omellor gaiteiro da Zona