Corpo Piano
ฝัง
- เผยแพร่เมื่อ 2 ม.ค. 2025
- ALIQUOT PARADISE : metabolic piano series
#Corpo Piano
O título Aliquot Paradise dá nome a unha serie de composicións para piano inspiradas en texturas, repeticións, algoritmos e modulaciones habituais na síntese electrónica modular.
O traballo é unha re-elaboración feita a partir de mostras tomadas da gravación dun concerto de piano interpretado polo propio autor na Casa das Artes do Porto en Xaneiro do 2020, rematando unha estadía de 3 anos na cidade.
O concepto principal da exploración e afondar na escoita do instrumento, entendendo o piano como un gran corpo resonante e establecendo unha relación íntima coas súas sonoridades máis ocultas.
Por outra banda, Aliquot Paradise alude tamén ao concepto de resonancia na súa dimensión relacional, vindicando a escoita coma un proceso de coñecemento empático e aberto á diversidade, unha sorte de corpo vibracional “non binario” lonxe da separación entre mente, alma e corpo habituais nestas latitudes.
Nota; a palabra Aliquot (alíquota) alude a un sistema resonador usado as veces nos pianos acústicos. Utiliza a resonancia de cordas adicionais nos rexistros medio e agudo para engadir sonoridades e cores á caixa de resonancia, á maneira das cordas simpáticas do sitar ou da viola da gamba.
Piano and remastering : Nacho Muñoz
Sound Engineer : João Mendes
Video : Uxia Esal