AILÁ - Muiñeira do Sixto da Chaparra

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 25 เม.ย. 2021
  • Aurelio Sixto Novio, o "Sixto da Chaparra" foi o gaiteiro máis influinte das terras de Compostela nos primeiros anos do século XX. Mestre de numerosos gaiteiros como o Señor Pedroso das Casas Novas e do Señor Landeira de Cacheiras emigrou a Buenos Aires no ano 1934 antes da guerra civil española. Contan del que foi "Un gaiteiro que lle facía fronte ao mesmísimo Avelino Cachafeiro sen lle envexar nada".
    Convidado especial:
    Pablo Carpintero (voz).
    Ángela Carou (voz e percusións)
    Manuele Pardo Lareo (voz e gaita)
    Abel Gañete (trompeta)
    Xan Pampín (acordeón e bombo)
    Gravación e mestura por Roberto Ledesma (AATIA) nos Estudios Son natural.
    Produción Ailá.
    Masterización en Mastering Mansion por Nick Litwin.
    Fotografía e deseño gráfico: P. Pastor
    Letra:
    Io gaiteiro da Chaparra
    No ronco da gaita leva
    Un letreiro que dicía
    Santiago de Compostela.
    Pasei a Pontepedriña
    Paseina pedra por pedra
    Pasei a Pontepedriña
    Antes de que o río enchera
    Ei de mercar un espello
    Na feira do vinteseis
    Para ollar a miña prenda
    Do dereito e do revés-e
    I enriba do consistorio
    Témolo cabalo branco
    I os da Coruña e Ferrol
    Non poden cos de Santiago
    Xa vou dala despedida
    Para que nos despidamos
    Xa vou dala despedida
    Dos mociños de Santiago

ความคิดเห็น • 4

  • @user-dn8ge3tb3o
    @user-dn8ge3tb3o 8 หลายเดือนก่อน

    Chulisimá😅😅😅

    •  8 หลายเดือนก่อน

      Grazas¡¡

  • @loisnieto1453
    @loisnieto1453 ปีที่แล้ว +1

    Os da Coruña e Ferrol nunca poderán cos de Santiago. Viva Santiago e a Pontepedriña!!!!

    • @juanmiguelbujanramos2662
      @juanmiguelbujanramos2662 9 หลายเดือนก่อน +2

      E mentres os de Santiago andan podendo cos do Ferrol e os da Coruña, os de Taboada imos bailando.
      ¡Que bonito andar aturuxando cos Ailá! ¡Que ben co fan!