ไม่สามารถเล่นวิดีโอนี้
ขออภัยในความไม่สะดวก

Alalá nº 172 "Gaiteiros de Santa Comba" - TVG

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 29 มี.ค. 2016
  • Alalá nº 172 "Gaiteiros de Santa Comba" - TVG
    Emisión en Televisión de Galicia: 26/01/2011
    Lugar de gravación: Santa Comba
    alala.crtvg.es
    Moitos dos vellos gaiteiros que levamos coñecido, contáronnos que polas circunstacias da vida, nalgún momento tiveron que pousar a gaita e gardala ben gardada para que non se apolillara, algúns pasaron décadas sen poder collela na man; podería dicirse, por isto, que tocala gaita é un luxo que só se poden permitir aqueles que teñen talento e tempo para dedicarlle. Por iso a xubilación é un momento perfecto para recuperar as afeccións e por suposto, tocar a gaita. O grupo de hoxe: “Os gaiteiros de Santa Comba” son un grupo de amigos xubilados que se dedicaron ó longo da súa vida a diversas profesións, foron labregos, mecánicos, zapateiros, traballaron nas minas de Wolframio e algún ata emigrou ó Brasil e Alemania. Case todos eles empezaron a tocar algún instrumento sendo moi nenos e outros aprenderon sendo non tan nenos.
    Este grupo de gaiteiros toma o asunto moi en serio, algúns saben solfexo e os que non tocan de oído e outros gravan as pezas para aprendelas sen fallo ningún. Cadaquén á súa maneira pero, teñen un mestre de excepción que se reúne con eles no Centro Sociocomunitario de Santa Comba tódolos venres para seguir aprendendo. O músico Pablo Seoane é un deses mestres comprometidos que cumplen unha labor que vai mais alá da puramente didáctica, Pablo está moi orgulloso desta agrupación que tanta ansia e ganas ten de levar alegría alá onde van. Ademais das festas ás que van tocar un dos lugares ós que non faltan é ó baile dos domingos no Centro Sociocomunitario de Santa Comba, este Centro que forma parte da súas vidas e converteuse para moitos deles nun segundo fogar.

ความคิดเห็น • 3

  • @marialois9355
    @marialois9355 ปีที่แล้ว

    Gracias q linda.musica de. Mi querida tierra gallega q lindo recuerdo de santa comba me.emocione q me recuerda galicia mi tierra querida q viva.galicia tan lejos pero siempre en mis recuerdos gracias familia por estes videitos un fuerte abrazo des.Argentina🤗

  • @mariafernandaaraujo5128
    @mariafernandaaraujo5128 3 ปีที่แล้ว

    Melodias lindas! Da Galiza e do norte de Portugal 👌👌👌

  • @josefernandeztielas5485
    @josefernandeztielas5485 5 ปีที่แล้ว +2

    Esto e omeu viva a nasa terra esto Galicia...