Malgosto 2024 ( II parte)

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 16 ม.ค. 2025
  • Nin Magosto nin Nadal, esto é a segunda edición do Malgosto.
    💡 Declaración de intencións: algueirada, tradición, barrio e verbena para aliviar a pena.
    Tivemos actividades para todos os gustos:
    • Unha primeira sesión vermú/viño do Ribeiro e demais bebidas espirituosas (licor e cervexa) cunha picada de música disco funk. Tamén houbo beberaxes sen alcol ✨
    • Sobremesa para o cante e a gosadera e obradoiro de baile traducional.
    • Unha seguda sesión adicada á Foliada máis tola de todos os tempos.
    • Fin de festa bailongo con tongo ao ritmo das mesturas da Maruxa e da Coralia.
    Este magosto que “sae mal”, ou Malgosto, convertese entón nunha actividade que ao tempo expón, que ademais da transmisión das tradicións e das súas características, fai falla transmitir tamén a necesidade da organización. Sen dita organización as tradicións corren o risco de perderse ou de malograrse (sen que isto implique o rexeitamento á necesaria evolución das tradicións).
    Tratamos polo tanto de:
    • Poñer en valor a identidade cultural galega e o folclore tradicional, integrándoos dentro dun proxecto cultural contemporáneo.
    • Fusionar tradición e modernidade para conectar a herdanza cultural cun enfoque actual, respectando e valorando o pasado como fundamento para proxectarse cara o futuro.
    #malgosto #arteficial #ribadavia #verbenadelabuenaparaaliviarlapena #amusicanonpodenonser

ความคิดเห็น •